López Martínez, Juan José

López Martínez, Juan José

Pintor e escultor. Coñecido como Lomarti, a súa pintura de principios da década de 1990 decantábase pola pop art, especialmente no referente ás series e ás reproducións cunha importante carga crítica. Empregou a colaxe e o recurso textual, incorporando á obra efectos poéticos. Evolucionou cara a unha fusión fragmentada de determinadas figuras en espacios abstractos como na instalación Respiración infame (1991). No escultórico, combinou a instalación coa talla en madeira, mármore e granito cunha linguaxe popular como en Auga pasada (1993) xunto cunha escultura semifigurativa, expresionista e fragmentada máis clásica como na obra Lobis naturae (1995). Ademáis de numerosas exposicións, fixo escenografías para artistas galegos e editou a revista de arte lucense Cruces de Bohemia e o libro Coroas de Mercurio (1997). Recibiu o primeiro premio de escultura no Certame Ciudad de Lugo (1993) e o primeiro premio do Certame de Pintura Cervo-Lugo (1996).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lugo