"Lob" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 251.

  • Hemoproteína muscular constituída por unha cadea polipeptídica de 153 residuos de aminoácido cun peso molecular aproximado de 17.000 que se atopa nas fibras musculares de moitos vertebrados. É unha molécula semellante á hemoglobina e igual ca ela contén un grupo hemo e no organismo actúa coma unha substancia que acumula e facilita a difusión do osíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de mioglobina na urina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mioglobinuria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo numismático inaugurado en 1996 no salón de Cultura do Concello de Lobios. A súa colección, composta por máis de 300 pezas arqueolóxicas e numismáticas, pertencen integramente á colección privada de Jaime Paz Bernardo. Na mesma sala da exposición tamén se expoñen un gran número de cadros baixo o tema “Lobios y sus pueblos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Profesor de Beethoven en Bonn (1779) e kappelmeister, a súa obra tivo un carácter máis melódico ca contrapuntístico, e estivo influída pola música mozartiana e a italiana. Compuxo numerosas pezas de diferentes xéneros, como óperas, coros ou lieder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado ao O da parroquia da Barcia do Seixo (A Lama). O seu cumio acada os 941 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia responsable da cor encarnada das carnes, que está formada pola reacción dos nitritos coa mioglobina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor dinamarqués. Tratou con Goethe, Fichte, Schleiermacher, De Stäel e Thorwaldsen nunha viaxe por Alemaña. Á volta da mesma foi nomeado profesor de estética da Universidade de Copenhague (1809). Converteuse nun dos máximos románticos escandinavos e nun decisivo renovador da literatura danesa. Da súa produción, marcada polo gusto polo fantástico, fundamentado nas lendas nórdicas e na historia europea, cómpre salientar Digte (Poesías, 1803) e Poetiske Skrifter (Escritos poéticos, 1805), que inclúen o drama “Aladdin”. Da súa produción novelística destacan Helge (1814) e Nordens Guder (Os deuses do Norte, 1819), e as traxedias Palnatok (1809) e Axel og Valborg (1810). Arrastrado á loita contra as novas correntes introducidas por Heibert, escribiu Ørvarodds Saga (A saga dos Ørvarodds, 1841).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que pode desenvolverse nun medio de escasa proporción de sales, especialmente cloruros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos nocturnos, da familia dos félidos, que presentan unha lonxitude de 50 a 65 cm e 30 cm de cola, o pelame amarelo ou agrisado, e as patas e a cola con aneis. Aliméntanse de pequenos mamíferos. Son orixinarios de Oriente Medio e Asia, e distribúense desde Irán ata Siberia e China. Habita nas rexións de pouca vexetación, incluíndo as estepas e os desertos. Este xénero presenta unha soa especie, O. manul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Globulina que se atopa na clara do ovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado lábil da hemoglobina, que se forma reversiblemente no sangue por substitución dunha molécula de auga, unida ao átomo de ferro, por osíxeno molecular. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla palmatinervia dividida en lóbulos pouco profundos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • palmatilobado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Da súa produción destacan Breve compendio de los varones ilustres de Galicia, nativos y próximos originarios, esclarecidos en virtudes, literatura y dignidades eclesiásticas, con algunas cortas relaciones de sucesos particulares (1887), Colección de refranes sueltos recogidos de varios autores, desde el año de 1771 hasta el de 1780, en todo 6.243 refranes e Gallegos ilustres en armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de anfibios anuros, da familia dos pelobátidos, que presentan a pel lisa, pouco verrugosa, de cor gris, parda ou verde, e cunha espora córnea negra no bordo metatarsiano que empregan para esconderse na area. En Galicia está presente a especie P. cultripes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pelobátidos.

    2. Anfibio da familia dos pelobátidos.

    3. Familia de anfibios, da orde dos anuros, de corpo redondeado, esterno formado por dúas metades cartilaxinosas que cabalga unha sobre a outra, apófise transversa da vértebra sacra bastante dilatada, as primeiras oito vértebras procélicas e o sacro fusionado ao cóccix, pupila vertical e dentes, soamente, na mandíbula superior. Inclúe especies espalladas por todo o hemisferio setentrional e polo arquipélago malaio, distribuídas nuns cantos xéneros, entre os que destaca o Pelobates.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado ao O da parroquia do Freixo (As Pontes de García Rodríguez). O seu cumio acada os 658 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no N da parroquia da Medorra (Montederramo). O seu cumio acada os 860 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO