Otocolobus
Otocolobus
[ANIMAL]
Xénero de mamíferos nocturnos, da familia dos félidos, que presentan unha lonxitude de 50 a 65 cm e 30 cm de cola, o pelame amarelo ou agrisado, e as patas e a cola con aneis. Aliméntanse de pequenos mamíferos. Son orixinarios de Oriente Medio e Asia, e distribúense desde Irán ata Siberia e China. Habita nas rexións de pouca vexetación, incluíndo as estepas e os desertos. Este xénero presenta unha soa especie, O. manul.