otólito

otólito

(< oto- + -lito)

  1. s m [ZOOL]

    Concreción calcaria que, en número variable, se atopa nos estatocistos ou ben no utrículo e no sáculo do oído interno dos vertebrados. Cando cambia de posición a causa da chegada de ondas sonoras ou ben a causa do movemento da parte do corpo onde están estes órganos, sensibiliza determinadas células sensoriais, que transmiten unha información auditiva ou de posición nos centros nerviosos.

  2. s m [PAT]

    Concreción calculosa no oído.

Palabras veciñas

Otocolobus | Otocyon | otófono | otólito | otolitometría | otólogo -ga | otoloxía