"MIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 424.

  • (Toquio 1925 - 1970) Novelista e dramaturgo. Coñecido como Yukio Mishima, durante a Segunda Guerra Mundial publicou unha recompilación de narracións breves, Hanazakari no mori (O bosque en flor, 1944). Trala guerra consolidouse como escritor de grande éxito con Kamen no kokuhaku (Confesión dunha máscara, 1949), á que seguiron outras novelas, nunha evolución do esteticismo ao equilibrio clásico. Inclinado ideoloxicamente cara á dereita, tamén publicou Yukoku (O país mellor, 1960), Eirei no koe (A voz dos heroes caídos, 1966), Taiyo no tetsu (O sol e o ferro, 1965-1968) e os catro volumes de Hojo no umi (O mar fértil, 1965-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Finlandia, situada ao SL de Turku que ten unha superficie de 575 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1892 - ? 1931) Economista ruso. Profesor da Academia de Agricultura, despois da Revolución de Outubro foi responsable do Instituto de Investigacións Comerciais de Moscova e formou parte do Comisariado de Finanzas. Teorizou a existencia de ciclos longos de crecemento capitalista de entre 40 e 60 anos, que posteriormente tomou o nome de ondas longas ou ciclo Kondratjev. En 1930 foi arrestado, acusado de ser dirixente do proscrito Partido Obreiro e Campesiño e exiliado en Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leccionario na liturxia romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode limitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de limitar ou limitarse.

    2. Aquilo que limita ou impide o desenvolvemento de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de limitar ou limitarse.

    2. Que ten límites.

    3. Que é escaso ou reducido.

    4. Que é pouco intelixente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que limita.

    2. Aparato ou dispositivo que limita unha magnitude variable, de xeito que non poida sobrepasar un valor máximo fixado. Poden ser de corrente ou de tensión e adoitan estar constituídos por un interruptor automático que abre o circuíto ao chegar ao valor límite prefixado.

    3. Dispositivo ou circuíto electrónico que serve para evitar que un sinal, correspondente a un son ou a unha imaxe de televisión, sobrepase un nivel determinado, o que provocaría un funcionamento incorrecto dos circuítos ou aparatos das etapas posteriores. Baséase no mesmo principio de funcionamento ca o compresor, pero o limitador actúa bruscamente cando o nivel de sinal é moi alto.

    4. Dispositivo que se coloca en certas máquinas para protexelas de valores excesivamente altos de velocidade ou tensión, entre outros, ou ben para controlar o movemento dalgún órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que limita.

    2. Aplícase ao factor ambiental que inflúe no crecemento, distribución ou calquera outra resposta dun determinado organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para limitar.

    2. Fixar ou poñer os límites a algo.

    3. Servir de límite a un territorio ou lugar.

    4. Ter un territorio, terreo ou propiedades límites comúns con outro.

    5. Non pasar ou manterse dentro duns límites.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fixar ou poñer os límites a algo.

    2. Servir de límite a un territorio ou lugar.

    3. Ter un territorio, terreo ou propiedades límites comúns con outro.

    4. Non pasar ou manterse dentro duns límites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para limitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liña, momento ou lugar que sinala a separación entre dúas cousas.

    2. Parte extrema onde remata un territorio, un terreo ou unha propiedade.

    3. Punto no que ten lugar o inicio ou o final dun período de tempo.

    4. Punto do que non se debe ou non se pode pasar.

    5. Limiar máximo dunha magnitude física.

      1. límite dunha función nun punto

        alor ao que tende a variable dependente da función cando a variable independente tende ao valor do punto en cuestión. Dada unha función f: D0ODO e un punto do seu dominio de definición aD, dise que o límite de f cando x tende a a é ë, lim xDa   f(x)=ë, se para todo real å>0, existe un real ä>0 tal que se ⎥ x - a⎥ < ä entón ⎥ f(x) - ë⎥ < å.

      2. límite dunha sucesión

        alor ao que unha sucesión se achega máis e máis, tanto como se queira. Dada unha sucesión {a n }, a 1 ,..., a n ,..., dise que o límite da sucesión é A, se existe un termo a m da sucesión tal que se n>m entón ⎥ A-a n ⎥ < å.

    6. Teorema segundo o que, para unha distribución de probabilidade arbitraria de media ì e varianza ó 2 , e sendo x - a media de n observacións independentes desta distribución, a variable Z = ( x- ì) é n/ó ten unha distribución




      FORMULA



      lim nD<    P (Z 8 z) = (1/é2ð  ∫ z   -z [exp (­-1/2) t 2 ] dt


      Segundo este teorema, para nD∞ a media de n observacións independentes segue unha lei normal de mediana igual á da poboación e de varianza igual a 1/n da desta. Na práctica, para n ≥ 10 a aproximación é a suficiente. Este teorema, formulado por Lindeberg e Levi, é un dos máis importantes da teoría de probabilidades.

    7. Incidencia a partir da que se pode considerar que un proceso epidémico está en curso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao territorio ou terreo que limita con outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro libro coñecido publicado en éuscaro (Bordeos, 1545), conservado na Bibliothèque Nationale de París. Trátase dun pequeno libro de poesías de Bernat Detxepare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución bancaria británica fundada en 1756 co nome de Taylor e Lloyd que se modificou en 1889 co nome de Lloyds Bank Limited. Participou tamén de xeito maioritario en diversos bancos británicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe feminino do Entroido, propio da zona da Ulla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crisol provisto dunha tapadeira coa marxe dentada e que se axusta ben ás paredes e ao interior do recipiente, polo que se lle pode engadir líquidos facilmente, verténdoos sobre a tapadeira sen ter que sacala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destacan Ural’skikh rasskazakh (Contos dos Urais, 1889), onde describe o crecemento tumultuoso do capitalismo nos Urais, a ruína do pobo fronte ao capital ou a descomposición moral, Čerti iz žizni Pepko (Partes da vida de Pepko), de carácter autobiográfico, e Alenuskiny skazki (Contos de Alena, 1894-1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación das glándulas mamarias dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO