limitador -ra
(
-
adx
Que limita.
-
s
m
[FÍS]
Aparato ou dispositivo que limita unha magnitude variable, de xeito que non poida sobrepasar un valor máximo fixado. Poden ser de corrente ou de tensión e adoitan estar constituídos por un interruptor automático que abre o circuíto ao chegar ao valor límite prefixado.
-
s
m
[FÍS/TECNOL]
Dispositivo ou circuíto electrónico que serve para evitar que un sinal, correspondente a un son ou a unha imaxe de televisión, sobrepase un nivel determinado, o que provocaría un funcionamento incorrecto dos circuítos ou aparatos das etapas posteriores. Baséase no mesmo principio de funcionamento ca o compresor, pero o limitador actúa bruscamente cando o nivel de sinal é moi alto.
-
s
m
[TECNOL]
Dispositivo que se coloca en certas máquinas para protexelas de valores excesivamente altos de velocidade ou tensión, entre outros, ou ben para controlar o movemento dalgún órgano.