"Mac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • Herbert Marshall McLuhan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal de Francia e duque de Magenta. De orixe irlandesa, foi gobernador de Alxeria (1864-1870), interveu na Guerra Franco-prusiana e estivo prisioneiro en Sedan. Despois de reprimir a Comuna de París de 1871, foi presidente da República en substitución de Thiers (1873-1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e bailarina estadounidense. Coñecida como Ginger Rogers, foi parella de Fred Astaire en películas musicais como Top Hat (1935), Shall We Dance? (1936) e Kitty Foyle (1940, Oscar á mellor actriz). Tamén participou en Horlow (1965) ou a póstuma Change of Heart (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo irlandés. Foi membro do Oxford Group na década de 1930. En 1941 comezou a escribir obras de teatro para a BBC, como The Dark Tower (1947). O seu primeiro libro de poemas foi Blind Fireworks (1929), ao que seguiron máis dunha ducia de novos títulos. Tamén traduciu os clásicos, sobre todo a Horacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista. De nome Pierre Dumarchais, dedicouse, nun principio, á pintura e ás narracións humorísticas, e ao rematar a Primeira Guerra Mundial, especializouse na novela de aventuras, das que destacan Le chant de l’equipage (1918) e Le quai des brumes (1927). Algunhas das súas obras foron temas de filmes, como La Bandera (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta escocés. Despois dunha laboriosa recollida de manuscritos gaélicos, xunto co tamén poeta John Hume, publicou Fragments of Ancient Poetry... Translated from the Gaelic Language (1760), Fingal (1762) e Temora (1763), onde afirmaba que eran obra dun poeta gaélico do s III chamado Ossian. Recibiu fortes críticas porque non se coñecía ningún manuscrito gaélico anterior ao s X. Probablemente se baseara en parte nuns orixinais antigos que transformou dándolles un contido distinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terence Steve McQueen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • John Ellis McTaggart.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos macá.

    2. Individuo da tribo macá.

    3. Tribo amerindia que habita nas chairas entre o río Negro e as zonas altas do río Confuso, no Gran Chaco. Están divididos en pequenos grupos e dedícanse á agricultura, á caza e á pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos macabeos.

      1. Cada un dos descendentes do sacerdote Matatías, da familia asmonea, que tiveron un papel decisivo contra o intento dos reis seléucidas de helenizar a relixión xudía (166-160 a C).

      2. Cada un dos sete irmáns que foron martirizados coa súa nai segundo o segundo libro dos Macabeos, en tempos da dominación seléucida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de dous libros do Antigo Testamento que forman parte do canon grego da Biblia. O primeiro libro narra as loitas de Matatías e dos seus fillos, Xudas, Ionatán e Simón, contra os reis helenistas de Siria, Antíoco IV e os seus sucesores (175-134 a C). Estas eran loitas armadas de resistencia relixiosa contra os partidarios de paganizar os xudeus e de lles impor os seus costumes helenísticos. O autor do libro foi un xudeu de Xerusalén que o escribiu cara ao ano 100 a C. O segundo libro incluíu só os feitos de Xudas Macabeo, modelo de historia patética relixiosa, que se centra no templo e na lei. O autor do libro debeu ser un xudeu alexandrino, instalado en Xerusalén que o escribiu arredor do ano 124 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de macabro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se relaciona coa morte ou coa visión ou representación na que interveñen cadáveres.

      2. danza macabra //

        danza da morte.

    1. Que é afeccionado a cousas relacionadas coa morte ou cos cadáveres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates catarrinos, da familia dos cercopitécidos, que presentan hábitos gregarios, viven en grupos dunhas cantas decenas de individuos dirixidos por machos, e teñen unha estrutura social moi complexa. Son diúrnos e omnívoros, e preferentemente arborícolas, aínda que tamén os hai terrestres. O xénero inclúe unhas 15 especies, distribuídas polo N de África, o SL asiático e Xapón, das que destacan M. silenus e M. radiata, ambas as dúas de India, M. irus (macaco de Xava), M. mulatta (rhesus) e M. sylvanus (mono de Xibraltar), único primate que se atopa en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de macacos.

    2. Comportamento ou acción propios dunha persoa pouco xuizosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome común que reciben os primates antropoideos, do xénero Macaca, da familia dos cercopitécidos.

      2. Persoa de escasa estatura e con algún tipo de defecto físico.

    1. Debuxo feito dunha maneira esquemática e simple.

    2. Persoa sen criterios propios que se deixa influír facilmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pavimento para as estradas que se emprega como calzada ou como base para asfaltar superficialmente. Fórmase cunha ou máis capas apisoadas de pedra machucada, que lle confiren resistencia ao pavimento, e por un recheo que enche os ocos entre as pedras que lle confire a indeformabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pavimentar calquera tipo de vía con macadam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado no val do río Almanzora, ao N da Sierra de los Filabres (5.814 h [2001]). Destaca a agricultura aínda que a principal actividade económica é a extracción de mármore e a súa posterior transformación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Macau ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Macau.

    VER O DETALLE DO TERMO