macaco -ca

macaco -ca

(< port macaco)

    1. s m [ANIMAL]

      Nome común que reciben os primates antropoideos, do xénero Macaca, da familia dos cercopitécidos.

    2. s

      Persoa de escasa estatura e con algún tipo de defecto físico.

      Ex: Quere ser modelo pero é un macaco que non ten o porte necesario.

  1. s m

    Debuxo feito dunha maneira esquemática e simple.

    Ex: O neno debuxou catro macacos no seu caderno.

    Sinónimos: monicaco, monicreque, monifate.
  2. s

    Persoa sen criterios propios que se deixa influír facilmente.

    Ex: Realmente el é un macaco, xa que sempre fai o que lle din.

    Sinónimos: fantoche, monicaco, monicreque, monifate.

Frases feitas

  • Parecer algúen o macaco dos mistos. Querer ser o centro de atención e ter o protagonismo en todo.

Palabras veciñas

macabro -bra | Macaca | macacada | macaco -ca | macadam | macadamizar | Macael