fantoche

fantoche

(

  1. s m

    Boneco articulado que se move con fíos e co que se representan farsas teatrais.

    Sinónimos: marioneta, monicreque, monifate.
  2. s m

    Persoa que presume do que non ten ou do que non é.

    Ex: É un fantoche que só fala dos cartos que non ten.

  3. s m

    Persoa con pouca personalidade e que se deixa influenciar facilmente polos demais.

    Ex: Será un fantoche se se deixa gobernar pola nai.

    Sinónimos: monifate.
  4. s m [HERÁLD]

    Busto humano, xeralmente monstruoso, sen brazos e con cornos, empregado como cimera.