fanti
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo fanti.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo fanti.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo melanoafricano da etnia axanti que habita na costa de Ghana. Dividido en pequenas comunidades políticas situadas ao NO de Ghana, mantiveron contactos cos exploradores europeos dende finais do s XV. A partir do s XVII formaron unha confederación de reinos autónomos que serviron como intermediarios no tráfico de escravos. A mediados do s XIX enfrentáronse cos axanti e tentaron formar un Estado no que se mesturaran institucións tradicionais coas formas políticas inspiradas en modelos europos. A súa economía, que se basea no comercio, complétase cunha agricultura itinerante e de barbeito, ademais da pesca. Orixinariamente politeístas, a maior parte da poboación converteuse ao cristianismo.
-
s
m
[LING]
Dialecto da lingua akan que se fala en Ghana.