Fantasmagorie
Fantasmagorie
Nome científico:
[Fantasmagoría]
[IMAX]
Produción cinematográfica francesa realizada en 1908 por Émile Cohl. Trátase dunha pequena curtametraxe (90 segundos) realizada coa técnica da animación. O elemento fundamental é un debuxo branco sobre fondo negro que recrea a imaxe dunha persoa. Mediante o movemento rápido dos distintos debuxos que realizan unha acción, esta parece estar en movemento. Destacou esta produción por ser o inicio do que se coñece como “debuxos animados”, que perfeccionaría posteriormente Walt Disney.