fantástico -ca

fantástico -ca

(

  1. adx

    Que é resultado da fantasía.

    Ex: As súas ideas fantásticas non tiveron boa acollida.

  2. adx

    Que destaca polas súas boas calidades.

    Ex: Desde que chegou o seu comportamento foi fantástico.

    Sinónimos: excelente, sensacional, formidable, excelente.
  3. adx [ARTE/LIT/IMAX]

    Aplícase á arte e ao xénero literario ou cinematográfico caracterizado pola súa temática irreal, nacida da fantasía, pola aparición de elementos e personaxes imaxinarios ou extranaturais, ou pola incorporación de técnicas que crean unha atmosfera de irrealidade. Os seus recursos son o desafío das leis da física, a desaparición dos límites entre a vida animal e a humana, e o tratamento dos temas como a morte, as metamorfoses ou os mitos. A arte fantástica manifestouse en diversas épocas: nas representacións do demo da Idade Media, na pintura alemá e flamenga do Renacemento, no manierismo barroco, no romanticismo, no modernismo, no expresionismo e no surrealismo. Na literatura de todas as épocas hai elementos fantásticos, non obstante o cultivo da literatura fantástica propiamente dita deuse a partir do romanticismo. O cine, dende os primeiros tempos, empregou temas literarios, elementos e personaxes fantásticos. Temas moi tratados dende Méliès foron o demo, os vampiros, as pantasmas e os elementos marabillosos. Posteriormente fóronse incorporando outros temas, como a vida noutros mundos e unha serie de temas englobados baixo a denominación de ciencia-fición.