monicreque
(< moneco)
-
-
s
m
Figuriña de cartón, madeira ou outro material, articulada por unha persoa mediante uns fíos.
Sinónimos: fantoche, marioneta, monicaco, monifate. -
teatro de monicreques
[ESPECT]
Xénero teatral que se caracteriza pola substitución do actor por bonecos de dúas tipoloxías básicas, os que se moven con fíos e os monicreques de luva. Ten a súa orixe nos traballos de Laurent Mourguet (1769-1844), que o fixo moi popular primeiro en Lyon e despois en toda Francia. En Galicia destacan diferentes compañías dedicadas a este xénero, como o Grupo de teatro Monicreques, Títeres Cachirulo ou Títeres Trompicallo, e autores que fan obras especificamente para ser representadas deste xeito, como Miguel Vázquez Freire e Gloria Sánchez.
-
s
m
-
s
m
Debuxo feito dunha maneira esquemática e simple ou cun certo aspecto grotesco ou caricaturesco.
Sinónimos: monicaco, monifate. -
s
m
Persoa sen criterios propios que se deixa influír facilmente.
Sinónimos: fantoche, marioneta, monicaco, monifate.