Monicreques, Grupo de teatro

Monicreques, Grupo de teatro
[ESPECT]

Compañía de teatro de bonecos creada por Marcelino de Santiago, Kukas, e Isabel Rei en 1979. Desenvolveu un amplo labor de difusión do mundo do teatro de obxectos, con edición de materiais, cursos, exposicións e outras iniciativas, ademais do seu traballo de realización teatral. Destacan os seus espectáculos Barriga verde (1980), A Don Esmirriau non lle gusta o bacallau (1981), Ruada do Apóstolo Santiago (1983), A rúa das balconadas (1990), Historias dun papel (1991), Don Gaiferos (1992), A culpa foi de Mozart (1995) e Cucarandainas (1999).

Palabras veciñas

monición | mónico -ca | monicreque | Monicreques, Grupo de teatro | monifate | monilial | monilíase