"Miguel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 298.
-
GALICIA
Poeta e ensaísta, neto de Eugeni d’Ors i Rovira e fillo de Alvar d’Ors i Pérez-Peix. A súa obra recolle influencias moi variadas, desde clásicos casteláns ata poetas ingleses. Publicou Vida y poesía de Alonso de Ledesma. Contribución al estudo del conceptismo español (1974) e os libros de poesía Del amor, del olvido (1972), Ciego en Granada (1975), Codex 3 (1981), Chronica (1982), Es cielo y es azul (1984), Curso Superior de Ignorancia (1987), Canciones, oraciones, panfletos, impoemas, epigramas y ripios, o cajón de sastre (...) (1990), Hacia otra luz más pura (1999) e 2001 (Poesías escogidas) (2001). Recibiu o Premio Nacional de la Crítica (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. De tendencia construtivista, traballou no taller de A. Ferrant. Creou un tipo de escultura a base de elementos formais metálicos, desmontables, e con temática basicamente antropomórfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cenlle. Construíuse en estilo románico e foi modificada con posterioridade. Ten planta de cruz latina e a fachada principal data de finais do s XVI e principios do s XVII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta colombiano. Coñecido como Ricardo Arenales e Porfirio Barba Jacob, formou parte da liña máis importante da poesía colombiana no paso do s XIX ao XX. Poeta lírico de temas románticos e técnicas modernistas, escribiu uns oitenta poemas, divididos en tres períodos (1906-1915, 1915-1925 e 1925-1939). Da súa obra destacan Canciones y elegías (1932), Rosas negras (1933) e Canción de la vida profunda y otros poemas (1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. De espírito revolucionario, nas súas obras manifestou a ideoloxía que o levou á loita contra a ditadura de Juan Vicente Gómez, o que o conduciu ao exilio. Iniciou a súa actividade literaria coa novela Fiebre (1941), á que seguiron Casas muertas (1955), Oficina número uno (1961), La muerte de Honorio (1963), Cuando quiero llorar no lloro (1970), as coleccións Prosa completa (1976) e Obra humorística completa (1976), e La piedra que era Cristo (1985). Recibiu o Premio Nacional de Literatura de Venezuela (1955), o Premio Nacional de Periodismo (1959) e o Premio Lenin da Paz (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Curtametraxe dirixida en 1974 por Miguel Castelo e producida por Xosé Cabanas Cao, que se basea no conto de Castelao publicado en Cousas. A súa rodaxe prolongouse excepcionalmente por problemas financeiros, o que condicionou tamén a duración do filme. Concibida como un longo flash-back, o director cínguese a unha grande economía narrativa que se manifesta nunha planificación moi condensada das secuencias.
-
GALICIA
Delineante industrial e político. Alcalde de Melide (1991-2004) e senador polo PP desde 2000, foi secretario da asociación de empresarios da comarca de Melide.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Paradela. Foi construída no s XVIII e conserva a ábsida rectangular románica da fábrica primitiva, con bóveda de canón. No seu interior tamén destaca o arco triunfal románico, de medio punto e sección rectangular, con dúas arquivoltas. Conserva un retablo renacentista dos ss XVI-XVII e un altar pétreo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e militar. Formou parte do Batallón Literario durante a Guerra de Indepencia e acadou o grao de tenente coronel. Presidiu a primeira Xunta de Censura (1810) e formou parte no Trienio Liberal da Deputación Provincial da Coruña. En 1821 asinou unha denuncia contra o goberno pola falta de liberdade de prensa e foi deputado nas Cortes por Pontevedra (1834-1836).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Gondomar. De orixe románica (s XII), foi reconstruída no s XVIII. Ten planta de cruz latina á que se engadiu outro corpo para a sancristía e a torre. A portada é románica con tres arquivoltas, apoiadas sobre columnas de capiteis decorados, que rodean o tímpano con altorrelevos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. A súa obra pictórica caracterizouse pola renovación do expresionismo e o muralismo expansivo narrando experiencias con imaxes concisas e elementalizadas nun ambiente abstracto simbólico. Destacou no campo da abstracción, ata acadar un xeometrismo aparentemente plano, e preocupouse pola innovación con novas técnicas de expresión gráfica, como a electrografía e a infografía aplicadas ao gravado. Destacan as súas obras Voando coa imaxinación (1997) e Diversidades 2001 (2001). Membro do Padroado do Museo do Pobo Galego e do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, dirixiu a revista Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director teatral e tradutor. Colaborador de Casahamlet e La Voz de Galicia, foi director da colección de teatro da editorial Pico Sacro (1975-1977). Dirixiu Romance de Micomicón e Adhelala (1973), de Blanco-Amor para o Grupo Teatral Rosalía; e Ernest (1982) e O montapratos (1983) para a Escola Dramática Galega. Traduciu ao galego obras de autores clásicos, como Ernest: comedia frívola para xente seria (1999), de Oscar Wilde; O asasinato de Roger Ackroyd (2001), de Agatha Christie; e Hamlet (1993) e nun só volume Romeo e Xulieta/ O rei Lear (2003), de William Shakespeare. Recibiu o I Premio de Investigación Teatral da Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Comezou a súa carreira en 1977 con O Facho, en Paco Pixiñas e a nave espacial. En 1979 ingresou na Escola Dramática Galega e actuou na Compañía Luís Seoane en Dous perdidos nunha noite suxa (1980) e Fausto (1984). Tamén actuou co Centro Dramático Galego en Un soño de verán (1992) ou Os espectros (2002), e con outras compañías como Teatro do Atlántico, Áncora Producións, Teatro do Noroeste ou Producións Librescena. Presidiu a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia e fundou a Sociedade Cooperativa Luís Seoane (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. De orixe francesa, especializouse no traballo en barro cocido. Na catedral de Sevilla realizou a decoración dos tímpanos das portadas do Perdón, da de Palos e da de Campanillas. En 1526 encargáronlle a realización do Descendemento para o retablo da capela de Mondragón na catedral de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Tui. Datada en época medieval (s XII), pertencía a un antigo mosteiro xa desaparecido. Do templo medieval consérvase a nave. Na fachada occidental destacan tres arquivoltas de directriz semicircular con xambas e columnas monolíticas cos capiteis decorados. A portada norte ten capiteis decorados e a do sur posúe unha chambrana de billetes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro dúplica situado en Sarria, baixo a advocación da Virxe, san Xoán Bautista, san Miguel, san Mamede, santa Cristina e santa Uxía. O documento máis antigo que se conserva é unha doazón de 951. Desde 1011, baixo o mando da abadesa Fernanda, pasou a denominarse de San Paio.
-
GALICIA
Xornalista. Comezou a súa andaina profesional en Radio Vigo (1983) e Radio Noroeste (1984), ata que en 1985 entrou na CRTVG, onde traballou como locutor, presentador e enviado especial. En 1990 foi nomeado director de programas da Radio Galega e, posteriormente, incorporouse á dirección do departamento de mercadotecnia da CRTVG. Director de Verán-Verán en Telesalnés (1999-2001) e actor de dobraxe, colaborou con programas e revistas sobre a pesca fluvial, como Caza y Pesca. Publicou O Mus, metodoloxía, praxe e outras banalidades (1999), La pesca en los mil y un ríos de Galicia (2002) e La pesca tradicional del reo en Galicia (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Instalado en Lugo desde 1980, experimentou con augaforte, acuarela, técnicas mixtas, óleo e madeira. Realizou esculturas en bronce, metal e aluminio para os pintores e arquitectos Vaquero Turcios e Vaquero Palacios, e traballou para Paradores Nacionales de España. Da súa produción destaca o cadro Panorámica de Ribadeo (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante, guionista, pintor e escritor. Cofundador de Xofre (1979), colaborou en El Jueves e Norma Editorial, e desde 1998 dirixiu o salón Viñetas desde o Atlántico. Autor da serie animada Men in Black (1998) e dos álbums Trazo de xiz (1990), Stratos e Tanxencias, realizou as bandas deseñadas Pedro e o lobo e El Manantial de la noche. Ademais creou o Xabarín Club (1994) e os personaxes da serie Os vixilantes do Camiño (2000), e ilustrou numerosos libros como Ameaza na Antártida (1997) e As Aventuras de Said e Sheila (2001), de Ramón Caride, e Contos de Nadal, de Manuel Rivas (2003).
VER O DETALLE DO TERMO
Recibiu, entre outros, o Premio do Salón Internacional del Cómic de Barcelona á mellor obra en 1989 e 1994, o Premio da Asociación Internacional de Ilustradores (1992), o... -
PERSOEIRO
Militar e político, segundo marqués de Estella. Ingresou no exército en 1884, tomou parte nas guerras de Cuba e Filipinas e foi capitán xeneral de Madrid e de Catalunya (1922). A Desfeita de Annual (1921) e a situación política xeral determinaron o predominio da corrente intervencionista no exército e, o 13 de setembro de 1923, rebelouse para “salvar o país dos profesionais da política”. O goberno dimitiu o día 14, e o Rei Afonso XIII chamouno a Madrid. Ao día seguinte nomeou un Directorio Militar, co que comezou a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Ademais de presidir o Consello de Ministros, exerceu como ministro de Estado (1927-1928) e de Exteriores (1928-1930). O 26 de xaneiro de 1930, para reafirmarse no poder, pediu aos capitáns xenerais que lle ratificasen a súa confianza. A consulta foi negativa e o 28 de xaneiro dimitiu. Días despois trasladouse a París.
VER O DETALLE DO TERMO