"Neira" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 212.

  • Morea de terra que deixan as toupas na superficie ao escavar as galerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación de remos que se empregaba para pescar con traíña.

    2. Embarcación deportiva de banco fixo, longa e estreita, cunha tripulación de doce remeiros, un proeiro e o patrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abertura practicada na parede dunha fortificación ou no casco dunha embarcación, por onde se poden disparar pezas de artillaría.

    2. Pequena ventá disposta en alto por onde pasa a luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa situada no O da parroquia de Parada da Serra (A Gudiña). O seu cumio, A Urdiñeira, acada os 1.148 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Compuxo o soneto en galego “Respice finem”, dous epigramas en latín, un soneto en castelán e outro en que mestura o castelán e o latín, todos eles inseridos en Relación de las exequias que hizo la Real Audiencia del Reyno de Galicia... (1612), dedicado á Raíña Margarida de Austria tras o seu pasamento. Na composición en galego, de trazos horacianos, fala da morte e da fugacidade da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Iniciou a súa carreira xornalística vinculado ao Grupo Voz. Comezou en La Voz de Galicia como redactor e máis tarde como xefe da sección de Deportes, Sociedade e Cultura. En setembro de 1998 foi nomeado director de Diario 16, posto que ocupou ata que pechou a cabeceira (2000). Posteriormente reincoporouse ao Grupo Voz como subdirector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comerciante e filántropo. Emigrou a Cuba, onde presidiu o Centro Galego de La Habana. Enviou material didáctico para as escolas de Ortigueira, apoiou a creación do periódico El Escolar, a investigación científica e literaria e o establecemento do monumento a Pastor Díaz en Viveiro. Regresou a España en 1898. Recibiu a cruz de cabaleiro da Orden de Isabel La Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lúa de xaneiro.

    2. Estado de celo das gatas. OBS: Adoita empregarse na expresión andar á ou estar de xaneira.

    3. Cantigas populares que se cantan na véspera do aninovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moble ou construción de obra que se emprega para cultivar plantas colocando os tarros no seu interior ou directamente a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución cultural con sede en Gres (Vila de Cruces). Está dedicada á difusión da cultura galega en xeral e da obra de Neira Vilas en particular. Institúe anualmente dous premios literarios: o Premio Estornela de teatro e o Premio Arume de poesía para nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso cisterciense. Foi un dos monxes que en 1966 reiniciaron a vida monástica en Oseira, onde é bibliotecario e arquiveiro. Colaborou en diversas publicacións e escribiu El monasterio de Oya y sus abades (1974), El monasterio de Osera (1980), El monasterio cisterciense y la villa de Santa María de Meira: síntese histórico-artística (1993) e Ferreira de Pantón: monasterio cisterciense en la Ribeira Sacra (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia orixinaria de Monforte de Lemos activa politicamente no s XIX. Ignacio Timoteo Yáñez Rivadeneira (Monforte de Lemos 1810-?) foi alcalde constitucional de Monforte de Lemos, vicepresidente do Consello Provincial de Lugo (1845), gobernador de Santander (1847) e de Ourense (1850) e deputado no Congreso (1840-1871). Os seus irmáns Manuel María Yáñez Rivadeneira (Monforte de Lemos 1812-?) e Matías Clemente Yáñez Rivadeneira (Monforte de Lemos 1814-?) foron deputados no Congreso.

    VER O DETALLE DO TERMO