Yáñez Rivadeneira

Yáñez Rivadeneira

Familia orixinaria de Monforte de Lemos activa politicamente no s XIX. Ignacio Timoteo Yáñez Rivadeneira (Monforte de Lemos 1810-?) foi alcalde constitucional de Monforte de Lemos, vicepresidente do Consello Provincial de Lugo (1845), gobernador de Santander (1847) e de Ourense (1850) e deputado no Congreso (1840-1871). Os seus irmáns Manuel María Yáñez Rivadeneira (Monforte de Lemos 1812-?) e Matías Clemente Yáñez Rivadeneira (Monforte de Lemos 1814-?) foron deputados no Congreso.

Palabras veciñas

yan min biao* | Yancheng | Yáñez Neira, María Damián | Yáñez Rivadeneira | Yang Yong | yang* | Yang, Chen Ning