"ONG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • TERRITORIOS

    Territorio especial de China, situado na beira do mar da China Meridional (1.098 km2; 6.708.389 h [2001]). Inclúe a illa de Hong Kong e a península de Kowloon, así como outros 263 illotes, a maior parte deshabitados. Antigo refuxio de piratas, pasou a ser colonia británica co nome de Victoria polo Tratado de Nanquin (1842). En 1863, os británicos recibiron tamén a península de Kowloon. Ocupada polos xaponeses durante a Segunda Guerra Mundial, en 1984 británicos e chineses asinaron un tratado polo que China recuperou a soberanía sobre Hong Kong o 1 de xullo de 1997. O goberno chinés acordou que na antiga colonia se mantivese o sistema capitalista e o estatuto de porto franco durante 50 anos. Posúe a súa propia moeda, o dólar de Hong Kong, distinta da do resto da República Popular China. Baixo o dominio británico, e debido ao seu carácter de porto franco, Hong Kong converteuse nun centro financeiro, comercial e industrial moi destacado a nivel internacional: o seu porto ocupa o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador chinés da dinastía dos Song do N (1101-1126). Pintor, poeta, crítico de arte e coleccionista introduciu na pintura un estilo propio, caligráfico e delicado co que tratou temas de paxaros e flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inconguente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • incoherente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • incongruencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • incoherente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congreso Nacional Indio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congregación relixiosa fundada en Reims (1682) por Jean-Baptiste de La Salle. Foi aprobada en 1725, suprimida en 1792 e restaurada definitivamente en 1802. Dedicada sobre todo ao ensino primario, secundario, técnico e profesional, estendeuse por numerosos países de Europa e América. Introduciuse no Estado español en 1878 e con poucos meses de diferenza fundaron casas en Madrid e Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Formouse na Haia e en París (1846), onde recibiu a influencia de Monet. Seguindo a tradición paisaxística holandesa, atopou un camiño propio na representación aparente da realidade. En 1864 pintou dúas versións de Notre Dame de Paris, con luz matinal e ao atardecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khêt de Camboxa (9.799 km2; 1.608.914 [1998]). A súa capital é Kâmpóng Cham (33.000 h [1962]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khêt de Camboxa (5.521 km2; 417.693 h [1998]). A súa capital é Kâmpóng Chhn ǎ ng (15.000 h [1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khêt de Camboxa (7.017 km2; 598.882 h [1998]). A súa capital é Kâmpóng Spoe (7.334 h [1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khêt de Camboxa (13.814 km2; 569.060 h [1998]). A súa capital é Kâmpóng Thum (9.477 h [1962]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Malawi, na rexión Setentrional (3.355 km2; 194.572 h [1998]). A súa capital é Karonga (12.051 h [1976]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Siberia 1942) Político norcoreano, fillo de Kim Il-sung. Nomeado sucesor (1980), á morte do seu pai (1994), asumiu a xefatura interina do goberno, confirmada oficialmente en 1996. Presionado por unha grave crise económica, consecuencia do illamento do país, en 2000 iniciou unha política de distensión con contactos oficiais con EE UU e o primeiro encontro cun xefe de estado surcoreano (Kim Dae Jung).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo kongo ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo kongo.

    3. Pobo de África ecuatorial que habita na conca do río Congo, entre os ríos Matari e Stanley. Na época do descubrimento da rexión do Congo polos portugueses constituían o importante reino dos kongos ou manikongos, que foron cristianizados. Na súa arte destacan as tallas dos antepasados e dos fetiches, e os cabeiros de elefante magnificamente decorados.

    4. Lingua bantú do phylum níxer-congo que se fala na República do Congo e en Angola. OBS: Tamén se denomina congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República de Corea (10.136 km2; 8.937.752 h [2000]). A súa capital é Suwŏn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Kyŏngsang Setentrional, República de Corea (272.968 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República de Corea (10.512 km2; 2.970.929 h [2000]). A súa capital é Masan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República de Corea (19.021 km2; 2.716.218 h [2000]). A súa capital é Taegu.

    VER O DETALLE DO TERMO