kongo

kongo
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo kongo ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo kongo.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo de África ecuatorial que habita na conca do río Congo, entre os ríos Matari e Stanley. Na época do descubrimento da rexión do Congo polos portugueses constituían o importante reino dos kongos ou manikongos, que foron cristianizados. Na súa arte destacan as tallas dos antepasados e dos fetiches, e os cabeiros de elefante magnificamente decorados.

  4. s m [LING]

    Lingua bantú do phylum níxer-congo que se fala na República do Congo e en Angola. OBS: Tamén se denomina congo.