Kondylis, Georgios

Kondylis, Georgios

(Trícala, Tessalia 1879 - Atenas 1936) Militar e político grego. Participou nas Guerras Balcánicas, na Primeira Guerra Mundial e en 1920 trasladouse a Constantinopla. En 1922 contribuíu a que o Rei Constantino I abdicase no seu fillo Xurxo II. Foi deputado, ministro da Guerra e do Interior. En 1926 deu un golpe de estado que derrocou ao xeneral Pangalos. En 1935 arrebatoulle o poder a Tsaldaris, obtivo da Asemblea o regreso do Rei Xurxo II e foi rexente.