"Omán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 328.
-
GALICIA
Médico e crítico de arte. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1956), ampliou estudos en Madrid e París e especializouse en anatomía patolóxica e análises clínicas. Vinculado desde moi novo á arte e á cultura, foi membro fundador do colectivo Atlántica, promotor e dinamizador das citas Bayona Horizonte Atlántico, comisario de múltiples exposicións, director da sección de arte da revista Galicia Moda (1985-1992) e editor de Futura (1987-1988), director da colección Aguatinta e editor de carpetas de gravados. Foi asesor de diversas institucións, director dos Museos do Real Club Celta de Vigo, membro do Patronato do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo, asesor do grupo que puxo en marcha a Mostra Unión Fenosa e presidente da Asociación de Críticos de Arte de Galicia. Colaborador en diversos medios e publicacións, publicou A batalla de Rande (2002). Recibiu a medalla de honra da Mostra Unión Fenosa (2001) e a Llave do Museo Massó.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e director de orquestra, fillo de Xoán Manuel Pintos Villar. Dirixiu o orfeón Los Amigos, de Pontevedra, co que conseguiu os primeiros premios dos certames musicais celebrados en Santiago de Compostela e Vigo. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adiviñación pola observación do lume, especialmente do movemento e da cor das chamas. Agrupa a capnomancia e a piroscopia.
-
-
Monomanía caracterizada pola tendencia a provocar incendios.
-
Atracción patolóxica polo lume.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen padece piromanía.
-
-
Relativo ou pertencente á piromancia.
-
Que ou quen practica a piromancia.
-
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Supervivente do gueto de Cracovia, amosou a ironía e o sentido do absurdo en boa parte da súa obra. Dirixiu Noz w wodzie (O coitelo na auga, 1962), en que analiza as tensións humanas na sociedade socialista, Repulsion (1965) e Rosemary’s Baby (1968), que significou a súa estrea en Hollywood. O asasinato da súa muller Sharon Tate (1969 )motivou o seu regreso a Europa. Da súa filmografía destacan Chinatown (1973), Tess (1979), Bitter Moon (1992), Dead and the Maiden (1994), The Ninth Gate (1999) e The Pianist (2002), con que obtivo a Palm d’Or do Festival de Cannes e o Oscar como mellor director.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Bidueiros (Dozón). O seu cumio acada os 821 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico e cultural que seguiu o romanticismo e que conservou algúns dos seus caracteres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao posromanticismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Impulso morboso que leva a algunhas persoas a beber un líquido calquera en grande abundancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao período artístico anterior ao románico que comprende diversas formas e solucións artísticas e estruturais. Estendeuse desde Carlomagno ata a introdución do románico (ss IX e X), pero pode incluír a arte dos séculos precedentes desde antes da disolución do Imperio Romano de Occidente (s V). Presentou as variantes ostrogoda, lombarda, merovinxia, saxoa, visigoda, carolinxia, otónica, viquinga e irlandesa. Segundo os países, pódense atopar varias solucións artísticas, as de maior personalidade agrúpanse baixo as denominacións de arte carolinxia, asturiana e mozárabe, as dúas últimas na Península Ibérica. A arte carolinxia, de clara vontade monumentalista, ten as súas fontes na arte da antigüidade romana tardía e bizantina, como a capela palatina de Carlomagno en Aquisgrán (790-805). A arte asturiana, propia da monarquía asturiana, é unha reinterpretación das formas do mundo hispánico, romano tardío e visigodo. Destacan San Julián de los Prados (791-842), Santa María del Naranco...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é anterior á época romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente ideolóxica, artística e literaria que apareceu en Europa durante a segunda metade do s XVIII e na que agromaron as ideas que levaron ao romanticismo. Caracterizouse pola volta ás orixes, sexa aos clásicos, aos nórdicos ou á natureza, e ao sentimento, fronte ás academias e aos racionalismos. Das orixes clásicas grecorromanas partiron os principios da burguesía ascendente; as orixes nórdicas expresáronse na plástica pola volta á arte gótica; e a natureza expresouse plasticamente coa pintura de paisaxes e a moda dos xardíns de estilo inglés. No ámbito literario déronse ademais as características de revolta, desesperación e melancolía, dentro dunhas tendencias formais que se aproximaban a posturas clásicas. Estas actitudes manifestáronse, en Inglaterra e Escocia, na obra de J. Thomson, Young, Richardson, nos pretendidos poemas de Ossián, publicados por Mcpherson, e nos poemas de Th. Gray, W. Collibs, W. Blake e R. Burns. Nos países xermánicos, baixo o influxo dos ingleses, de Diderot...
-
-
Relativo ou pertencente ao prerromanticismo.
-
Seguidor do prerromanticismo.
-
-
PERSOEIRO
Político e xurista italiano. Durante o goberno de G. Andreotti foi ministro de Industria (1978). Dirixiu o Istituto per la Ricostruzione Industriale (1982-1994). Membro da Alleanza Nazionale, en 1995 presentouse como xefe da coalición de esquerdas L’Ulivo, que gañou as eleccións xerais de abril de 1996 e foi nomeado presidente de goberno (1996-1998). Presidiu a Comisión Europea entre 1999 e 2004. Escribiu Sistema economico e sviluppo industriale in Italia (1973), L’Italia che vogliamo (1995) e Un’idea dell’Europa (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceder ou orixinarse unha cousa noutra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de adiviñar o pasado dunha persoa e de predicirlle o futuro mediante o exame das liñas, prominencias e outras características da man. Estreitamente vinculada á astroloxía e á cábala, foi coñecida polos caldeos, exipcios, asirios e hebreos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica a quiromancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á quiromancia.