"Orio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • Nome co que foi coñecida popularmente a Revolución de Setembro de 1868.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é digno de gloria ou que dá gloria.

      1. Relativo ou pertencente á gloria ou á benaventuranza.

      2. Que participa do esplendor divino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e sindicalista. Despois de traballar como ebanista en Madrid, trasladouse a Vigo, onde se vinculou ao grupo de H. H. Botana e fundou o sindicato da compañía de ferrocarril Zamora-Ourense-Vigo. Redactor de Solidaridad e director do semanario El Obrero Ferroviario, foi presidente da casa do pobo de Vigo e da federación local de traballadores, antes de ser elixido deputado socialista por Pontevedra en 1931. Foi secretario-contador da UGT na Segunda República. Durante a Guerra Civil trasladouse a Madrid, onde traballou no Sindicato Nacional Ferroviario. Nomeado gobernador civil de Madrid (1938), foi detido polo exército nacional ao final da guerra e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Ourense (1311-1319). Deán da catedral de Ourense, foi elixido bispo polo cabido catedralicio. Durante o seu bispado, concedéuselle o señorío da cidade de Ourense e aprobáronse unha serie de privilexios para os eclesiásticos, como o de quedaren exentos de pagar os xantares do rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para felicitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio astronómico fundado por Carlos II en Greenwich, no ano 1675, coa finalidade de proporcionar datos, imprescindibles para os navegantes de entón, para determinar a posición. No 1884 estableceu de forma arbitraria o meridiano de lonxitude 0°. No ano 1948, debido a que a contaminación atmosférica e a iluminación nocturna de Londres dificultaban as observacións, trasladouse ao castelo de Herstmonceux, próximo a Eastbourne (Sussex). Depende da University of Cambridge. Utilizou o grupo de telescopios Isaac Newton do observatorio do Roque de los Muchachos en Canarias, grazas a un acordo internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gregorio Bar Hebreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor da Igrexa, fillo de Gregorio I, bispo de Nazianzo. Formou con Basilio de Cesarea e Gregorio de Nisa o grupo dos tres grandes capadocios que promocionaron a teoloxía trinitaria. Nomeado patriarca de Constantinopla (379), elaborou importantes sermóns, que lle valeron o título de teólogo. Consérvanse 45 discursos da súa autoría. Na iconografía leva vestiduras de bispo grego (ampla casula e palio) e, como atributos, bastón florido. A súa festividade celébrase o 2 de xaneiro, inda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) celebrábase o 9 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Padre e doutor da Igrexa Grega, irmán de san Basilio de Cesarea. Ordenado bispo por san Basilio o Grande, foi deposto polo emperador Valente, partidario do arianismo. Participou no I Concilio de Constantinopla (381). Admirador de Oríxenes, levou o platonismo ao seu máximo desenvolvemento no cristianismo. Consérvanse diversas obras esexéticas, dogmáticas e ascéticas, xunto con numerosas cartas. A súa festividade celébrase o 9 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo italiano. Profesor das universidades de París, Boloña, Padua e Perugia, foi xeral da orde dos eremitas de santo Agostiño (1357-1358). Seguidor do nominalismo de G. de Ockham, non buscou a conciliación con Platón nin con santo Agostiño. Foi o autor de Comentario ás sentencias de Pier Lombardo (1482).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e bispo de Tours (573-594). Enfrontouse aos arianos e escribiu diversos libros de devoción e haxiografías, pero destacou especialmente polo súa Historia Francorum. Na iconografía viste de pontifical e leva como atributos un relicario e un peixe monstruoso. A súa festividade celébrase o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (590-604). É un dos grandes padres da Igrexa Latina, foi prefecto urbano de Roma (572-574) pero retirouse á vida monástica no monte Celio (Roma). Nuncio de Pelaxio II en Constantinopla (579-586), sucedeuno na sé de Roma. Elixido papa no 590, acadou a paz cos longobardos a través de pactos e concordias (592) e estableceu as bases do Estado Pontificio ao gobernar de xeito autónomo as súas rexións. Denegoulle ao patriarca de Constantinopla o dereito a nomearse patriarca ecuménico e afirmou a primacía da Igrexa de Roma. Apoiou as misións evanxelizadoras entre os anglos (596) e colaborou na conversión dos francos. Esforzouse por reformar os costumes da Igrexa co tratado Regola pastorale. Os seus escritos, homilías, cartas e Diálogos foron moi populares durante a Idade Media. Codificou o canto gregoriano, que se converteu no canto oficial da Igrexa Latina e que substituíu o anterior canto ambrosiano. Na iconografía leva ornamentos papais (casula ancha, palio, tiara papal...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (715-731). Favoreceu a evanxelización iniciada por san Bonifacio e consagrouno bispo de Xermania (723). Enfrontouse co emperador bizantino pola iconoclastia (729) e obtivo dos longobardos a doazón de Sutri, primeiro núcleo dos Estados Pontificios. A súa festividade celébrase o 13 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (731-741). Convocou un concilio en Roma (731). Continuou a política de oposición á iconoclastia dos seus antecesores e apoiou o labor dos misioneiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (827-844). Consagrou a Ansgar como bispo para continuar o apostolado nos países nórdicos. Enfrontouse aos piratas sarracenos, que destruíron Civitavecchia e Ostia e ameazaron Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1227-1241). Foi cardeal diácono (1198) e cardeal bispo de Ostia (1206). Durante o seu papado opúxose á política absolutista de Federico II, e excomungouno en 1227 e 1239. Traballou pola reunificación das igrexas romana e grega e confiou a Inquisición aos dominicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (996-999). Imposto polo Emperador Odón III, o Senado romano rexeitouno e elixiu un antipapa. Mantívose fiel ao emperador, pero tentou reafirmar a autoridade da Igrexa e apoiou o movemento cluniacense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1045-1046). Fixo renunciar a Benedicto IX e emprendeu a reforma da Igrexa. Deposto no Sínodo de Sutri, foi enviado como prisioneiro a Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1073 - 1080). Monxe beneditino, foi secretario de Gregorio VI. Iniciou a reforma da Igrexa no Concilio en Letrán (1074), e ao ano seguinte convocou un novo concilio no que reivindicou a súa autoridade suprema sobre todos os bispos. Estas medidas enfrontárono co Emperador Enrique IV que o depuxo en Worms (1076). Respondeu coa excomuñón do emperador, que foi retirada en Canossa (1077). O emperador continuou coa súa política antipapal e foi excomungado de novo (1080), mentres as tropas imperiais ocupaban Roma e Enrique IV nomeaba o antipapa Clemente III. Refuxiouse inicialmente no castelo de Sant’ Angelo e despois retirouse a Salerno (1084).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (outubro-decembro 1187). Legado pontificio en Dalmacia e Hungría, foi elixido trala morte de Urbano III. Preparou a Terceira Cruzada e traballou na reconciliación entre Pisa e Xénova.

    VER O DETALLE DO TERMO