"Oti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 532.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Símbolo que amosa unha emoción ou un estado de ánimo. Fórmase mediante a unión de varios signos ortográficos. Emprégase nas mensaxes de texto telefónicas e nos correos electrónicos.
-
-
Calidade de emotivo.
-
Capacidade de resposta a un estímulo (físico ou psíquico) que se manifesta mediante alteracions orgánicas (espasmos, tremores, alteracións respiratorias e cardíacas, reaccións endócrinas, etc) que acompañan as emocións. Moi relacionada coa afectividade, a emotividade diferénciase desta polo feito de incluír tamén as manifestacións somáticas das reaccións psicolóxicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría filosófica que mantén que as expresións éticas son emotivas xa que manifestan sentimentos morais. Ao non ser proposicións empíricas, non se pode comprobar se os imperativos éticos son verdadeiros ou falsos, polo que deben ser analizados desde a perspectiva da linguaxe para saber qué sentimento enuncian. Desenvolvérona autores de tradición anglosaxona, membros do chamado positivismo lóxico, entre outros, A. J. Ayer, Moritz Schlick e C. L. Stevenson. Para Schlick, todo o problema ético redúcese a unha cuestión de feito: averiguar cómo empregan as distintas comunidades os termos bo e malo, pero non se pode afirmar o que deben significar desde un punto de vista normativo. Falar do desexable non ten sentido pois non é algo verificable e só podemos falar de cousas desexables para algún fin, pero nunca desexables en si mesmas. C. L. Stevenson mantivo unha concepción instrumentalista da ética, de xeito que os termos éticos non se utilizan descritivamente (ó non ser posible definir o bo en...
-
-
Relativo ou pertencente á emoción ou á emotividade.
-
Que produce emoción.
-
Que se emociona facilmente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á endosmose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a aquilo que se localiza ou orixina dentro do oído. Emprégase sobre todo para designar os ruídos ou zunidos que se producen dentro do oído por un mal funcionamento deste.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade endémica e contaxiosa que afecta a gran parte da poboación dunha especie animal nun mesmo territorio e, habitualmente, nunha época fixa. Un exemplo de enzootia é o carbunco, producida por Bacillus anthracis, que afecta ao gando e, a partir deste, ao home.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á enzootia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á epiglote.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade contaxiosa que afecta a un gran número de animais dunha ou máis especies nun amplo territorio, e que se transmite con gran rapidez. Transmítese, fudamentalmente, a través do contacto directo entre animais, a través do home ou a través da alimentación. Para combater a difusión destas enfermidades, cada estado posúe unhas leis baseadas nuns puntos comúns: declaración obrigatoria, illamento, sacrificio e destrución do animal contaxioso, vacinacións, prohibición de transportes e mercados, confiscación de grupos de animais enfermos e prohibición do consumo da súa carne. As epizootias máis correntes son a rabia, a peste (bovina, porcina, etc), a cisticercose, a brucelose, a mixomatose, a tuberculose e a triquinose, entre outras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á epizootia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo, en desuso, co que se fai referencia ás enfermidades que afectan aos animais, e que se confrontaba coa epidemioloxía que facía referencia ás enfermidades da especie humana. Na actualidade considérase artificiosa esta división e denomínanse ambas como epidemioloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima obtido da bacteria Sorangium cellulosum, do que se coñecen as formas A e B, que actúan como axentes polimerizantes da tubulina. Impide a división das células tumorais, polo que se emprega como fármaco anticanceríxeno.
-
PERSOEIRO
Ceramista grego. Foi autor do vaso François (570? a C), localizado na cidade etrusca de Chiusi e pintado por Clitias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Extracto líquido do cornizó, preparado de maneira que, na súa valoración biolóxica, 1 ml corresponda a 0,5 mg de etanosulfonato de ergotoxina. Utilízase para deter as hemorraxias e tamén como vasoconstrictor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación producida por fungos do xénero Claviceps, normalmente por mor da inxestión de fariña de centeo afectada polo cornizó ou por fármacos obtidos deste fungo, como a ergotamina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Argumentación que abusa dos siloxismos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ergotiza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abusar da argumentación siloxística. OBS: Normalmente se emprega con intención despectiva.
-
-
Relativo ou pertencente ao erotismo ou ao amor sensual.
-
Que excita o desexo sensual.
-
Modalidade cinematográfica que emprega o erotismo como medio de expresión. As súas orixes hai que buscalas nos primeiros anos do cine, en pequenas obras como The May Irvin-John C. Rice Kiss (1896) e outras producións de Meliès ou Pathé. A evolución do carácter erótico das películas foi parella coa evolución sociopolítica de cada país. O uso do nu como recurso erótico empregouse en numerosos filmes como Extase (1932), de Gustav Machatý, ou Et Dieu créa la femme (E Deus creou a muller, 1956), de Roger Vadim. Nos anos vinte o erotismo cinematográfico adquire unha nova dimensión con filmes como Un chien andalou (1928), de L. Buñuel. Ao mesmo tempo, asistiuse ao nacemento de auténticos mitos eróticos na industria cinematográfica americana como Myrna Loy, con películas como The Barbarian (Unha noite no Cairo, 1933), ou Marilyn Monroe, con películas como Gentlemen Prefer Blondes (Os cabaleiros prefírenas louras, 1953) ou The Seven Year...
-
Na literatura clásica non pode falarse dunha maneira clara de literatura erótica senón, máis ben, da aparición de elementos ou situacións eróticas. Así, localízanse certas compoñentes eróticas en libros tradicionais como o hindú Kama-Sutra ou algúns contos árabes de As mil e unha noites. Na tradición grecolatina apareceron elementos eróticos nalgunhas obras poéticas de Safo, Calímaco, Anacreonte, Catulo, Horacio, Ovidio ou Apuleio, e cómpre destacar o Satiricón de Petronio. Na Idade Media, e xa dunha maneira moito máis explícita, o erotismo estivo moi presente no Decamerón. No Renacemento destacaron algunhas obras da literatura castelá nas que o erotismo comezou a ser máis explícito aínda, como pode ser La lozana andaluza ou La Celestina. Neste momento o erotismo expresábase máis a través da utilización suxerente da palabra que da descrición evidente de situacións sexuais. No s XVII, Tirso de Molina creou un dos mitos eróticos máis coñecidos da literatura universal, Don Xoán, personaxe...
-
Modalidade teatral que ten na provocación dos sentidos e da sensualidade o seu elemento máis significativo. Así, na Antigüidade podíanse contemplar diversas escenas reproducidas en pezas de cerámica nas que se representaban cómicos con grandes falos, quizais imitando costumes propios dos ritos de fertilidade. Esta é unha tradición que se mantivo viva nas manifestacións do teatro cortesán e popular e que provocou en diferentes épocas históricas condenas da Igrexa e do poder civil. Así aconteceu nas festas atelanas de Roma ou no teatro medieval cos mimos, xograres e outros comediantes que presentaban farsas e outros divertimentos escénicos. Pero o teatro estritamente erótico semella ser un desenvolvemento dun tipo de espectáculo que se presentaba en Francia en salóns privados e que, logo de gañar popularidade, se coñeceu como teatro clandestino, libertino ou lascivo, e pasou a ser un divertimento potenciado e aplaudido pola aristocracia. Nas súas manifestacións máis coñecidas trátase dun...
-