"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

  • Xénero de herbas perennes da familia das saxifragáceas, con follas circulares enteiras ou festonadas, e flores pequenas, tetrámeras, dispostas en cimas corimbosas, ao que pertence a douradiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise do músculo ciliar. Comporta a incapacidade do cristalino para modificar o seu poder de refracción, feito que orixina unha parálise na acomodación do ollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a substancia que reduce a capacidade de acomodación do ollo ao paralizar o músculo ciliar, por exemplo a atropina e os seus derivados sintéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mastigosoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca ecuménico (596). Acolleu a viúva e os fillos do Emperador Mauricio, perseguidos a morte por Focas; como consecuencia, foi privado de moitos dos privilexios que lle outorgara o seu antecesor, sufriu persecución e foi asasinado. É venerado como santo polos ortodoxos e celébrase o 27 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se denominaba en Brasil á República Oriental del Uruguay durante o período en que estivo baixo o seu dominio (1821-1828). A expedición dos Treinta y tres orientales, liderada por Lavalleja, separou esta provincia de Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia de cor amarela alaranxada que se funde a 207°C. Compórtase de forma semellante aos axentes alquilantes, de xeito que impide a síntese de ADN. Emprégase en medicina como antineoplásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración na forma ou función das células. Particularmente, refírese á alteración histolóxica producida na substitución reversible dunha célula adulta por outra tamén adulta, de xeito que se experimenta un cambio tisular de morfoloxía e función.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituínte fundamental da célula, delimitado pola membrana plasmática e pola membrana nuclear, onde van incluídos todos os restantes elementos celulares. Co microscopio óptico aparece como unha masa fluída e homoxénea, máis ou menos transparente, a miúdo máis refrinxente ca a auga. Durante moito tempo admitíronse tres partes fundamentais no citoplasma: o ectoplasma ou citoplasma periférico, practicamente adherido á membrana esquelética celular; o tonoplasma, que limita cos vacúolos; e o endoplasma, que corresponde co resto. A súa composición química varía moito dunha célula a outra e tamén conforme ás funcións celulares. A auga é vital para o citoplasma e a súa proporción é moi distinta entre as diferentes células segundo o seu estado fisiolóxico. Pode darse en tres formas: auga ligada, que forma parte dun determinado número de moléculas; auga libre, que circula polos tecidos e enche os vacúolos; e auga de imbibición (a forma máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao citoplasma.

    2. Nome aplicado a un orgánulo celular do citoplasma ou a unha inclusión citoplasmática.

    3. ciclose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación que se distribúe gratuitamente como versión incompleta coa intención de que o usuario compre a versión funcional na súa totalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao cloroplasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo de proteína e clorofila con actividade enzimática sobre a fotólise da auga na fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orgánulo propio da célula vexetal, onde ten lugar a fotosíntese. Ordinariamente é de cor verde, pola clorofila que contén, aínda que pode estar enmascarado por outros pigmentos (carotenos, ficobilinas). Ten formas variables nas algas, pero nos briófitos e nas plantas superiores é biconvexo, cunhas dimensións de 3-10 μm de diámetro e 1-2 μm de grosor. A miúdo, os cloroplastos circulan polo citoplasma e incluso poden orientar as súas superficies de acordo coa luz. No seu interior adoita presentar unhas estruturas moi refrinxentes, como os pirenoides (que conteñen amidón) e gránulos de amidón independentes. O cloroplasto está limitado por unha dobre membrana, constituída por dúas membranas unitarias. A membrana interna continúa no interior do cloroplasto nun sistema membranoso de lamelas ou tilacoides, onde se concentra toda a clorofila. As lamelas fusiónanse terminalmente por parellas formando uns sáculos, que se amontoan e constitúen os granas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal do ácido cloroplatínico ou hexacloroplatinato(IV) de hidróxeno. Contén o radical divalente [PtCl6]2-.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ácido cloroplatínico.

    2. Hexacloroplatinato(IV) de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plancto propio das augas pouco iluminadas, que se atopa a unha profundidade que oscila entre os 30 e os 500 metros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto para a cooperación e o desenvolvemento económico do sur e sueste asiáticos ideado na cidade de Colombo en 1950, que entrou en vigor no ano 1951. Os 24 países que o forman divídense en dous grupos: os países desenvolvidos de fóra da área (Australia, Canadá, EE UU, Reino Unido, Xapón e Nova Zelanda) que se comprometen a proporcionar axuda económica e asistencia técnica, e os países da área beneficiarios desa axuda, como a India, Sri Lanka e Tailandia, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica plástica que se efectúa sobre a vaxina e a vexiga urinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cirurxía plástica da vaxina.

    2. Creación dunha vaxina artificial en caso de ausencia conxénita ou de atresia importante.

    VER O DETALLE DO TERMO