"RCA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 608.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución de goberno e administración da comarca do Bierzo establecida na Lei 1/1991, do 14 de marzo, aprobada polas Cortes de Castela e León (BOCYL do 20 de marzo de 1991), que recoñece no Bierzo a concorrencia dunhas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais, culturais e económicas que o singularizan respecto a calquera outro territorio da comunidade autónoma. De acordo con esta Lei, O Bierzo é unha entidade local formada pola agrupación dos municipios de Arganza, Balboa, Barjas, Bembibre, Benuza, Berlanga, Borrenes, Cabañas Raras, Cacabelos, Camponaraya, Candín, Carracedelo, Carucedo, Castropodame, Congosto, Corullón, Cubillos, Fabero, Folgoso, Igüeña, Molinaseca, Noceda, Oencia, Páramo, Peranzanes, Ponferrada, Priaranza, Puente de Domingo Flórez, Sancedo, Sobrado, Toreno, Torre del Bierzo, Trabadelo, Vega de Espinareda, Vega de Valcarce, Villadecanes e Villafranca del Bierzo. Componse de tres órganos: o Pleno (integrado por 47 membros representantes dos 37 municipios, en función...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade e xurisdición do xefe espiritual da Igrexa ortodoxa, con sé en Constantinopla. O Concilio I de Constantinopla (381) recoñeceulle o primeiro lugar despois da sé romana. O Concilio de Calcedonia (451) atribuíulle a xurisdición sobre Tracia, Asia e O Ponto. As disensións con Roma, que culminaron coa mutua separación, en tempos do Patriarca Miguel Cerulario (1054), confirmaron a Constantinopla como cabeza de todo o mundo ortodoxo fronte á sociedade latina de Occidente. Aínda que conservou a primacía de honra de toda a Igrexa ortodoxa, o patriarca de Constantinopla, que reside en Fanar, barrio de Istambul, ten xurisdición sobre os ortodoxos de Turquía, algunhas illas gregas, o monte Athos, as dioceses do N de Grecia e moitas comunidades ortodoxas de Europa, América e Australia.
-
-
Segunda marca que se pon nun artigo comercial para distinguilo dos produtos que unicamente levan a primeira.
-
Marca que se pon nunha moeda, xa cuñada, co fin de lle modificar ou ratificar o valor legal, o ámbito de circulación ou calquera outra característica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer unha contramarca a algunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porca de reforzo que se coloca sobre outra para evitar que se solte o parafuso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto vogal fundado en 1957 no convento dos Padres Capuchinos, pertencente ao barrio vigués de Casablanca, e integrada no Círculo Mercantil e Industrial de Vigo en 1967. O seu director fundador foi o Padre Javier de Madrid, quen cedeu a batuta a Francisco Rey Rivero ata 1988. En 1989 incorporáronselle a coral A’Marosa, os pianistas Cristina e Guillermo García Lomba e o director Óscar Villar Díaz. Entre as direccións invitadas destacan Nino Bonavolonta, Zenaida Castro Romeu, Rogelio Groba, Maximino Zumalave e Enrique García Valls. Dadas as súas características, ao redor de 95 voces mixtas, cultivou o xénero operístico e a zarzuela, e o seu repertorio abarca ademais panxoliñas, habaneras e música popular galega. Traballou a técnica vogal con Zenaida Castro Romeu, Tatiana Sajarova, Montserrat Pueyo e Manuel Cabero, e actuou con destacados solistas do bel canto como Giuseppe Giacomini, Pedro Lavirgen, Santiago Sánchez Jericó, Ignacio Encinas, Anne Marie Antoine, Gabriel Vivas, Pilar...
-
CAPITAIS
Capital do condado homónimo, Irlanda, situada no esteiro do río Lee (127.187 h [1996]). A cidade é un importante centro distribuidor de produtos agrícolas e exportador de gando vacún. Entre as instalacións industriais destacan as cervexeiras e as de produtos químicos e farmacéuticos. O seu centro de ensino superior é o University College, fundado en 1845, que ten a súa orixe no mosteiro fundado por Finbarr no s VII. A finais de 1172 pasou a mans inglesas e converteuse nun pequeno Estado independente. Trala Primeira Guerra Mundial transformouse no centro do movemento independista irlandés, no que destacou o presidente do concello municipal, Mac Swiney, quen morreu en 1922 despois dunha folga de fame.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Irlanda, na provincia do Munster (7.500 km2; 420.510 h [estim 1996]). A capital é Corcaigh. Situado no S da illa, é unha das áreas máis densamente poboadas
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘home’.
-
GALICIA
Comarca do NO da Comunidade Autónoma de Galicia, á beira do Golfo Ártabro. Esténdese desde os 43° 10’ aos 43° 25’ de latitude N e desde os 8° 10’ aos 8° 35’ lonxitude O. Limita ao N co Océano Atlántico, ao L coa comarca de Betanzos (concellos de Paderne, Betanzos, Oza dos Ríos e Cesuras), ao S coas comarcas de Ordes (concellos de Mesía, Ordes e Cerceda) e Bergantiños (A Laracha), e ao O co Océano Atlántico e a comarca de Bergantiños (A Laracha). Abrangue unha superficie de 469,6 km2, nos que acolle unha poboación de 347.609 h (1996) distribuída entre os nove concellos que a integran: Abegondo (83,8 km2; 5.467 h), Arteixo (93,3 km2; 20.898 h), Bergondo (32,7 km2; 5.736 h), Cambre (40,7 km2; 14.972 h), Carral (48 km2; 5.184 h), A Coruña (37,6 km2; 243.785 h), Culleredo (62,3 km2; 18.513 h), Oleiros (43,7 km2; 23.057 h) e Sada (27,5 km2; 9.997 h). A Coruña, situada na zona setentrional...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1448-1481), de Noruega (1450-1481) e de Suecia (1457-1464). Sucesor de Cristovo III, foi o fundador da dinastía dos Oldenburgo. Intentou restablecer a Unión de Kalmar (1397). En 1450 proclamou a unión entre Dinamarca e Noruega, que durou ata 1814. A unión con Suecia mantívoa ata a Revolución de 1464.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e Noruega (1515-1523) e de Suecia (1520-1523), fillo e sucesor de Xoán I. En 1520 apoderouse da coroa de Suecia, despois dunha cruenta batalla en Estocolmo, pero perdeuna de novo por mor da revolta de Gustavo Vasa (1523), que se proclamou rei. Os nobres dinamarqueses, que tiñan a facultade de elixir o monarca, entregáronlle o poder ao seu tío Federico I (1523). Fuxiu aos Países Baixos e fracasou na súa tentativa de recuperar o trono (1531-1532). Foi un mecenas da arte e da cultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e Noruega (1534-1559). Sudeceu o seu pai Federico I e tivo que vencer os partidarios do seu curmán Cristián II en 1536. Introduciu o protestantismo en Dinamarca. Anulou o carácter electoral da monarquía e estableceu o dereito de herdanza. Sucedeuno o seu fillo Federico II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e Noruega (1588-1648). Fillo e sucesor de Federico II, foi coroado en 1595. Creou a cidade de Cristianía (1624). En 1625 participou na Guerra dos Trinta Anos como xefe dos príncipes protestantes e foi vencido en Lutter (1626). Trala invasión de Xutlandia, asinou a Paz de Lübeck (1629). Derrotado no seu enfrontamento con Suecia, perdeu parte de Noruega e doutros territorios pola Paz de Brömsebro (1645).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1863-1906). Sucesor de Federico VII, foi aceptado polas potencias europeas reunidas en Londres. Intentou recobrar os condados de Schleswig e Holstein, pero tivo que ceder ante Austria e Prusia. Emparentou con diversas casas reinantes en Europa grazas á política matrimonial dos seus fillos: Alexandra casou co futuro Enrique VII de Inglaterra, Dagmar co futuro Zar Alexandre III e o seu fillo Xurxo foi elixido rei de Grecia en 1860.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e Noruega (1670-1699), fillo de Federico III. Deixou os asuntos de goberno nas mans de estranxeiros, entre os que destacou Pedro Griffenfeld. Atacou Suecia (1675-1679) ata que, vencido, tivo que asinar a Paz de Fontainebleau.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e Noruega (1730-1746), fillo de Federico IV. Durante o seu reinado fomentou o desenvolvemento comercial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e Noruega (1766-1808). Sucesor do seu pai Federico V, abandonou o goberno nas mans de diversos conselleiros por mor das súas enfermidades e desequilibrios mentais. En 1784 sucedeuno na rexencia o seu fillo Federico VI.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1839-1848) e Noruega (1813). Sucesor de Federico VI, o seu reinado caracterizouse polo reformismo. Declarou unidos os ducados de Schleswig e Holstein de xeito indisoluble a Dinamarca. Foi rei de Noruega ata que a Asemblea lexislativa nomeou rei a Carlos XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1912-1947) e Islandia (1918-1944). Sucesor do seu pai, Federico VIII, mantivo neutral a Dinamarca durante a Primeira Guerra Mundial. En 1915 asinou unha nova Constitución na que se ampliaba o sufraxio ás mulleres. En 1918, Islandia conseguiu a autonomía, pero mantívose unida na persoa do rei ata 1944. No ano 1940 resistiu a invasión alemá e considerouse prisioneiro ata que se restableceu o réxime democrático en 1945.
VER O DETALLE DO TERMO