"RNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • PERSOEIRO

    Papa (251-253) e mártir. Foi elixido polos partidarios de conceder a indulxencia aos apóstatas, un movemento iniciado por Calisto I. Convocou un concilio no que defendeu a reconciliación cos lapsi. Tivo por adversario a Novaciano, que instigou un motín contra el e que se fixo nomear papa por tres bispos, polo que se considera o primeiro antipapa. Loitou contra o cisma dos novacianos, quen cuestionaban o poder da Igrexa Católica para perdoar pecados como a fornicación e o adulterio, coa axuda de san Cibrán dende África e de todos os demais bispos de Occidente. Exiliouse a Civitavecchia e morreu martirizado na persecución do Emperador Decio no 253. Na iconografía viste traxe pontifical e leva como atributos persoais un corno ou un animal hastado (en alusión ao seu nome ‘forte coma un corno’). A súa festividade celébrase o 16 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome procedente do latín Cornelius, derivado de cornu ‘corno’, símbolo da abundancia na Antigüidade e do poder máxico de afastar os males. Deu nome á familia romana Cornelia. A esta gens pertencían os Escipións, familia de políticos e militares romanos da época da República. Os membros máis famosos foron Publio Cornelio Escipión o Africano (235-183 a C), conquistador da Hispania meridional e vencedor de Aníbal en Zama (202 a C), e Publio Cornelio Escipión Emiliano (185-129 a C). Dous santos levan este nome: o papa (251-253) e mártir, e o centurión que chegou a ser o primeiro bispo de Cesarea. Coa forma feminina, a filla menor de Publio Cornelio Escipión o Africano e nai dos Gracos (? 189? - 110? a C), a filla de Publio Cornelio Escipión (s I a C) e a esposa de Xulio César (83 a C), entre outras. Houbo unha santa Cornelia (s III), mártir en África xunto con san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eséxeta xesuíta. Coñecido como Cornelius a Lapide, ensinou Sagrada Escritura e hebreo en Louvain e Roma. Publicou un extenso comentario sobre toda a Biblia, agás de Job e os Salmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador alemán. Cultivou o retrato, de carácter realista, e o gravado en madeira, onde se aprecia a influencia de Dürer. Na pintura relixiosa destacan o Triunfo da relixión e a Adoración da Trindade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Coñecido como Cornelius van Haarlem, formouse en Francia e nos Países Baixos (1579-1583). Fundou, xunto con Karel van Mander e Hendrik Goltzius, a academia de debuxo de Haarlem e, baixo a influencia dos manieristas romanos, implantou o estudo do nu e a pintura de temática relixiosa e mitolóxica. Entre as súas obras destacan A matanza dos inocentes e Susana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cornelis Cornelissen van den Steen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, filósofo e historiador alemán. Asinaba co pseudónimo Agrippa von Nettesheim. Foi historiógrafo de Carlos I. Concibiu a natureza como un todo orgánico vivificado por un espírito universal. Posteriormente, abandonou esta idea para defender o escepticismo radical e predicar a fe pura e simple en Deus. É autor de De occulta philosophia (Sobre a filosofía oculta, 1510) e De incertitudine et vanitate scientiarum (Sobre a incerteza e a vaidade das ciencias, 1526), onde afirma que a fe sinxela é o único camiño para a verdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. A partir de 1840, e despois de exercer como violinista e actor, dedicouse por enteiro á música. Recibiu a influencia de Liszt e compuxo, á parte de diversos lieder, as óperas Der Barbier von Bagdad (1858), Der Cid (1865) e Gunlöd, que quedou inacabada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Formouse en Düsseldorf e en 1811 viaxou a Italia, onde se integrou no círculo dos nazarenos. Regresou a Alemaña en 1819 chamado polo príncipe Luís de Baviera. Posteriormente, traballou para Federico Guillerme IV de Prusia en Berlín. Deu un gran pulo á pintura mural alemana, e realizou os frescos da Gliptoteca (1820-1830) e da Ludwigskirche (1836-1839) de Múnic. A súa arte foi o resultado da conxunción entre o xermanismo romántico e o clasicismo rafaelesco. Foi director das academias de Múnic e Düsseldorf.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Interesado polos traballos dos surrealistas, participou nas actividades deste movemento nos EE UU. Realizou colaxes con diferentes obxectos, principalmente caixas, material tipográfico, obxectos de uso persoal e fotografías antigas. Progresivamente, o seu traballo fíxose máis sistemático e centrouse na evocación da realidade, de maneira que se considera un dos precursores da pop art.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuberta vexetal que recobre os grans dos legumes, coma os feixóns, os garavanzos e as fabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Catalunya, drenado polo río Llobregat (82.490 h [1996]). A cidade posúe un núcleo principal que separa dous sectores, o de Cornellà de Baix e o de Cornellà de Dalt. Trátase dun importante centro agrícola (árbores froiteiras) e gandeiro (vacún). A industria experimentou un gran desenvolvemento a partir de 1960, sobre todo a siderurxia, a química e a de vidro. A vila xurdiu sobre a antiga igrexa parroquial de Santa Maria, destruída en 1936 e refeita posteriormente. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dunha vila romana e dunha basílica, posiblemente visigoda, con columnas corintias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de provincia de Girona, Catalunya, na marxe dereita do río Terri (1.806 h [1996]). A gandería (bovina e porcina) e a agricultura (cereais, millo, hortalizas e legumes) teñen grande importancia dentro da súa economía, xunto cos pequenos obradoiros de carpintería e metalurxia. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa parroquial de San Pere (ss X-XI), reconstruída no s XVIII, e a capela románica de Sant Antoni, que pertenceu ao antigo castelo de Cornellà.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé ou chanteira dos feixóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ángulo que se forma cando se xuntan ou conflúen dúas paredes ou superficies.

      2. Lugar pequeno e apartado dentro dun espacio maior.

    1. cornizó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Debutou en Venecia cara ao 1741 e posteriormente instalouse en Londres, onde organizou diversos concertos na Carlisle House do Soho Square. Realizou numerosas actuacións en Viena, Copenhaguen e Hamburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao corno.

      2. Que presenta a mesma natureza ou a aparencia do corno.

    1. Relativo ou pertencente ás estruturas queratinizadas.

    2. Relativo ou pertencente á córnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • corn(eo/i)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lanzamento directo que se produce no fútbol desde a confluencia das liñas de banda e gol. Sinálase despois de que o balón que tocou en última instancia un xogador do equipo defensor sae do terreo de xogo e supera a liña de gol. Tamén se denomina saque de esquina.

    2. penalti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de palacios situados ás beiras da Gran Canle de Venecia. Está formado polo palacio Corner della Ca Grande (1530?), obra de Sansovino; o palacio Corner-Spinelli (1500), atribuído a Muro Coduci; o palacio Corner-Mocenigo (1543), obra de Sanmicheli; e o palacio Corner della Regina (1724), de Domenico Rossi.

    VER O DETALLE DO TERMO