córneo -a
córneo -a
(< lat cornĕu < latcornu ‘corno’)
-
adx
-
Relativo ou pertencente ao corno.
Ex: Durante toda a noite escoitáronse os sons córneos da cornetada.
-
Que presenta a mesma natureza ou a aparencia do corno.
Ex: Albume córneo.
-
-
adx
Relativo ou pertencente ás estruturas queratinizadas.
Ex: Un estoxo córneo protexe as proxeccións óseas do frontal dos cornos dos bóvidos. Capa córnea da epiderme.
-
adx
Relativo ou pertencente á córnea.
Ex: Reflexo córneo.