"Rey" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 205.

  • GALICIA

    Historiador. Colaborou en diversas publicacións como Cuadernos de Estudios Gallegos sobre temas de historia, da comarca de Ferrol e da historia da Igrexa en Galicia. Destacan “Crónicas nedenses”e “Esbozo de una biografía de Rosalía”, ademais dos artigos sobre Sargadelos e a súa cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Estudou medicina e filosofía e letras en Santiago de Compostela e colaborou no Diario de Santiago, que dirixiu en 1878, La Gaceta de Galicia, El Heraldo Gallego e La Ilustración Gallega y Asturiana. En 1880 trasladouse a Madrid, onde formou parte da redacción de El Globo, diario de Castelar. Posteriormente foi redactor de El Liberal, ata que en 1907 pasou a dirixir a Sociedad Editorial de España. Republicano federal, foi deputado polo distrito de Santa Cruz de Tenerife (1911-1914) e polo de Ordes (1914-1918). Publicou Recuerdos 1868-1875 (1876), Orillas del Ulla e Las dos aceras del estrecho de Gibraltar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista canadense. Das súas obras destacan An Agenda for Progressive Taxation (1947), The Limitations of Keynesian Economics (1948) e Congestion Theory and Transport Investment (1969). Recibiu, xunto con James A. Mirrlees, o Premio Nobel de Economía (1996) pola súa contribución á teoría dos incentivos económicos de información asimétrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao S da serra da Ventosilla (2.302 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico británico. Recibiu o Premio Nobel de Química (1973), compartido con E. O. Fischer, polas súas investigacións sobre os compostos organometálicos da chamada estrutura de sándwich.

    VER O DETALLE DO TERMO