Vicenti Rey, Alfredo

Vicenti Rey, Alfredo

Xornalista e escritor. Estudou medicina e filosofía e letras en Santiago de Compostela e colaborou no Diario de Santiago, que dirixiu en 1878, La Gaceta de Galicia, El Heraldo Gallego e La Ilustración Gallega y Asturiana. En 1880 trasladouse a Madrid, onde formou parte da redacción de El Globo, diario de Castelar. Posteriormente foi redactor de El Liberal, ata que en 1907 pasou a dirixir a Sociedad Editorial de España. Republicano federal, foi deputado polo distrito de Santa Cruz de Tenerife (1911-1914) e polo de Ordes (1914-1918). Publicou Recuerdos 1868-1875 (1876), Orillas del Ulla e Las dos aceras del estrecho de Gibraltar.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso

    Lugar : Madrid