"Rodríguez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 437.

  • PERSOEIRO

    Taekwondista. Bolseira do Consejo Superior de Deportes dentro do plan ADO no Centro de Alto Rendimiento de Deportistas en Sant Cugat del Vallès, gañou a medalla de ouro no campionato de Europa junior (Chipre, 1999), a de bronce no campionato do Mundo junior (Irlanda, 2000), a de prata na Copa do Mundo absoluta (Vietnam, 2001), a de ouro no campionato de Europa por equipos (Madrid, 2002), a de ouro no campionato de España (2003) e a de prata no campionato de España (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidad Autónoma de Madrid, foi maxistrado (1989-1998) e presidente (1995-1998) do Tribunal Constitucional, conselleiro do Tribunal de Cuentas, e desde 2000, defensor do cliente do Grupo Winterthur en España. Escribiu El presupuesto del estado: introdución al derecho presupuestario (1970), Introdución al estudo del derecho financiero: un ensayo sobre los fundamentos teóricos del derecho financiero (1976) e El Sistema tributario en la constitución: los límites del poder tributario en la jurisprudencia del Tribunal Constitucional (1992). Recibiu a Cruz de la Real y Muy Distinguida Orden de Carlos III (1998) e a da Orden del Mérito Constitucional (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Doutor en Dereito, foi profesor titular de historia do dereito na facultade de dereito da Universidade de Vigo. Escribiu Notas sobre la estrutura y funcionamiento del consejo de inquisición, Observaciones sobre la Administración de Justicia en Guipúzcoa durante el antiguo régimen e El Consejo de la Suprema Inquisición: perfil jurídico de una institución (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Traballou en diferentes periódicos madrileños, entre eles, El País e Diario Universal (1917). Publicou El pensamiento y las cosas, El conocimiento y el juicio (1911). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Con-xo, Santiago de Compostela 20.4.1901 - Saint Georges de Dreux, Normandie 29.10.1995) Escultor. Coñecido como Bonome, formouse na tradición imaxineira santiaguesa. Nesta época realizou obras de carácter populista e primitivista como Aldeán ou A volta da feira. Realizou outras de estilo máis expresionista, como A vella do violín. En 1924 trasladouse a Madrid, onde obtivo certa relevancia grazas á súa técnica de talla directa e policromada sobre madeira, de carácter expresionista (Virgen del Rosario, 1923). Continuou a realizar obras encadradas no primitivismo (Recordo, 1924-1925; O meigallo, 1925) xunto con outras máis intimistas (Maternidade, 1926; Duquesiña, 1926-1927) e retratos (Portela Valladares, 1925; Antonio Palacios, Ofelia Nieto). En 1929 instalouse en París, onde dulcificou o seu estilo, apostando por un refinamento técnico e temático. Destacan A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Formada na Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid (1983-1987), desenvolveu o seu labor en diversas producións do Centro Dramático Galego, como O mozo que chegou de lonxe (1988), de J. M. Synge; A casa dos afogados (1991), de M. A. Fernán-Vello; e Un soño de verán (1992), de W. Shakespeare; e colaborou con Teatro de Aquí en Saxo Tenor (1994), de R. Vidal Bolaño. En 1992 fundou, xunto con María Pujalte, a Compañía de María, coa que elaborou varios espectáculos. Presentadora e actriz de programas e series da TVG, como Superamigos, A Familia Pita, Pratos combinados e Terra de Miranda, participou como actriz de reparto en Urxa (1989), Martes de Carnaval (1991), A metade da vida (1994), Arde amor (1998), Sei quen es (1999), El regalo de Silvia (2003) e Heroína (2005). Recibiu o Premio Tirso de Molina (1987) pola súa participación na obra El veneno...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e escritor. Coñecido como Máximo Sar, foi cofundador da Ruta Fluvial Jacobea e do Pedrón de Ouro, coordinador do Padroado Rosalía de Castro, creador da Romería Vikinga en Catoira (1969) e membro do Ateneo del Ullán. Foi xuíz de distrito, de primeira instancia e instrución en Granollers e Vilagarcía de Arousa, e maxistrado en Ciudad Real e Pontevedra. Colaborou nos xornais La Noche, Ideal Gallego, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra e El Correo Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico. Doutor en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, realizou un herbario da zona de Tui, colaborou en El Eco de Tui, e escribiu Tratado de Química analítica (1858), Nociones de Historia Natural e Descripción de las principales sustancias tóxicas del reino mineral y medios analíticos para descubrirlas en los casos químicos legales. Foi cabaleiro da Orden de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e escritor. Emigrou a Cuba, onde foi un dos organizadores da Asociación Iniciadora y Protectora de la Real Academia Gallega. Foi académico numerario da Real Academia Galega desde 1946. Escribiu numerosos traballos sobre personalidades galegas en diversas publicacións, entre os que destacan “Escritores ascéticos y místicos de Galicia” (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en 1908 en Madrid. Catedrático de Anatomía da Universidad de Sevilla (1916), acadou a mesma cátedra en Santiago de Compostela, onde foi reitor en 1930 e onde fundou o Instituto de Estudios Portugueses, a Residencia de Estudiantes e o Instituto de Estudios Regionales. O seu pensamento relacionábase co da Insitución Libre de Enseñanza. Foi concelleiro en Santiago de Compostela a comezos da década de 1920 polos liberais e despois pasou ao republicanismo de esquerdas. Foi deputado nas Cortes pola Federación Republicana Gallega (1931) e polo Partido Republicano (1933). Foi membro da Sociedade das Ciências Medicas de Lisboa, do Instituto de Coimbra, da Societé Anatomique de París e da Real Academia de Medicina y Cirugía de La Coruña. Publicou artigos en revistas nacionais e estranxeiras, como Galicia Médica ou Archives d’Anatomie d’Histologie et d’Embriologie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información e Socioloxía, foi director de Radio Cadena Española en Ourense e redactor xefe de Atlántico Diario. Foi xefe de Informativos e xefe de Programación na CRTVG e subdirector de RNE en Galicia. Recibiu o primeiro Premio de reportaxe radiofónica (1992) no Carballiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, avogado e economista, conde de Campomanes. Foi ministro do Consello de Facenda e fiscal do Consello de Castela (1762). Xunto con Floridablanca promoveu o reformismo ilustrado nos últimos anos do reinado de Carlos III. Colaborou co conde de Aranda na expulsión dos xesuítas (1766-1767). Foi o máximo representante do regalismo de Carlos III, que defendeu en Tratado de la regalía de amortización (1765). Ademais, propugnou unha reforma agraria, reflectida en Memoriales ajustados de 1771 e 1784, promoveu a creación das sociedades económicas de amigos do país e definiu os obxectivos destas en Discurso sobre el fomento de la industria popular (1774) e en Discurso sobre la educación popular de los artesanos y su fomento (1775). En 1783 foi nomeado conselleiro de Castela e en 1789 presidiu as cortes que aboliron a lei sálica. Desde 1792 desempeñou o cargo de conselleiro de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Paco Campos, estudou música no Conservatorio da Coruña e na Escola de Música de Santiago de Compostela, ademais de teatro na Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. Director de dobraxe de Vídeo Galicia e Intereuropa, como actor de teatro colaborou en diversas montaxes teatrais, como Ernest, de O. Wilde, e O auténtico Oeste, de Sam Shepard; e nas series de televisión Pratos combinados, Mareas vivas e Galicia Express e Nada es para siempre. Participou nos filmes Dáme Lume (1993), de Héctor Carré, Ilegal (2002), de Ignacio Vilar, e Heroína (2005), de Gustavo Herrero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Euxenista, nai de Carme Rodríguez Carballeira. De familia acomodada, coidou o seu sobriño X. Rodríguez Arriola, de quen fixo un neno prodixio na música. En 1907 decidiu fundar un falansterio como unha colonia de selección humana para a mellora da especie con individuos anteriormente seleccionados. Abandonou o proxecto para tentar ter un fillo despois de elixir o home apropiado que cumprise cos requisitos necesarios. Co nacemento da súa filla comezou unha férrea educación racionalista para convertela nun ser excepcional que redimiría o mundo. Despois de conseguir convertela nunha nena prodixio e, debido ás súas discrepancias, asasinouna mentres durmía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e feminista, filla de Aurora Rodríguez Carballeira. Coñecida como Hildegard (‘Xardín de sabedoría’) pola súa nai, quen a educou baixo unha estrita disciplina e a converteu nunha nena prodixio, foi vicepresidenta das Juventudes Socialistas madrileñas e vogal do comité nacional (1932). De tendencia republicana, ingresou no Partido Republicano Federal (1932) e foi secretaria da Liga para la Reforma Sexual. Defendeu a igualdade de mulleres e homes en La rebeldía sexual de la juventud (1931), Malthusismo y Neomalthusismo e El control de la natalidad (1932) e loitou polos dereitos da muller, a súa liberación sexual e reprodutiva e a transformación social, loita que reflectiu en Tres amores históricos (1929) e Historia del movimiento sexual en España (1932). Publicou tamén Se equivocó Marx? (1932). Debido ás súas discrepancias, foi asasinada pola súa nai mentres durmía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Ingresou no Seminario da Provincia Franciscana de Santiago, en Castroverde de Campos, posteriormente estudou no Seminario de Herbón e despois en Ponteareas. Tomou o hábito en 1970. Desempeñou cargos de responsabilidade na orde en Galicia ata que en 1997 foi nomeado definidor xeral da orde e secretario xeral para a Formación e os Estudos, desde onde dirixiu as universidades da orde. En 1998 foi nomeado visitador apostólico do mosteiro de San Pascual de Bailón (Vilarreal) pola Congregación para a Vida Consagrada. En xuño de 2003 foi elixido ministro xeral dos franciscanos no capítulo xeral celebrado en Asís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. Foi reitor da Universidade Central en Madrid e foi un dos máis importantes científicos galegos. Foi membro numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, da que foi presidente, da Real Academia Nacional de Medicina, da Real Academia Española e correspondente da Real Academia Galega. Publicou La evolución en la química (1895), Tratado de química biológica (1903), Tratado de química orgánica teórico y práctico, aplicado especialmente a las ciencias médicas (1917) e Cuestiones bioquímicas y farmaceúticas (1924-1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso mercedario. Realizou estudos sacerdotais nos seminarios de Sarria, Verín e Poio, diplomouse en estudos sindicais e en técnicas de investigación aplicadas á educación, licenciouse en Ciencias Políticas e doutorouse en Ciencias Sociais. Catedrático de Socioloxía e Economía da Educación da Universidad Pontificia de Salamanca, onde foi subdirector do Instituto de Estudios Europeos y Derechos Humanos, pertenceu ao consello editorial das revistas Estudios e Educadores. Fundou a colección Revista Estudios e colaborou no Dicionario de la Historia Eclesiástica de España. Publicou Mella y su pensamiento social (1972), Vázquez de Mella: sobre su vida y obra (1973), El pensamiento sociopolítico de Vázquez de Mella (1974), Cartas inéditas de Concepción Arenal (1984), Doctrina sindical Pontificia (1986) e Siguiendo a San Pedro Nolasco (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Especializouse en megalitismo e arqueoloxía atlántica, tema da súa tese de doutoramento Los monumentos megalíticos de falsa cúpula en la Fachada Atlántica Europea (1986). Membro da Unión Internacional de Ciencias Prehistóricas e Protohistóricas e do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, publicou O megalitismo na Galiza. A súa problemática e o estado actual da investigación (1979) e O megalitismo. A primeira arquitectura monumental de Galicia (1990). Recibiu o Premio Otero Pedrayo na sección de Arqueoloxía do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO