"Trat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 223.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado en Tudela (Nafarroa), en 1231, entre Sancho VII de Navarra e Xaime I de Aragón. O rei navarro, enfrontado con Fernando III de Castela, buscou a axuda aragonesa, a cambio da que recoñecía a Xaime I como herdeiro dos seus reinos. Pero ao morrer Sancho VII, o rei aragonés non fixo valer os seus dereitos e o sobriño do navarro, Teobaldo de Champagne, foi proclamado rei de Navarra (Teobaldo I, 1234).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asignado na antiga vila de Tudellén, preto de Fitero (Nafarroa) entre Ramón Berenguel IV, conde de Barcelona, e o Rei Afonso VII de Castela o 27 de xaneiro de 1151. Estableceu unha nova repartición de Navarra entre ambos os dous e a delimitación das zonas atribuídas a cada un nunha futura conquista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado entre Vítor Manuel II de Italia e Napoleón III o 24 de marzo de 1860. O rei italiano renunciou aos seus dereitos sobre Savoia e Niza, pero esixiu a aprobación da cesión por parte dos seus habitantes, que tivo lugar o 24 de abril do mesmo ano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado entre Italia e Menelik II de Etiopia en Ucialli (Etiopia), o 2 de maio de 1889. Nel recoñecíase a ocupación italiana de Eritrea e o protectorado italiano sobre Etiopia. As diverxencias sobre o seu alcance provocaron a Primeira Guerra Italo-etíope (1894-1896).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ámbito máis alá da morte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado aprobado (11.12. 1991) e asinado (7.2.1992) en Maastricht polos representantes dos doce estados membros da Comunidade Económica Europea e que, xunto co Tratado da Unión Política, forma a Unión Europea. A súa aprobación significaba a total liberdade de actuación das persoas, bens, servizos e capitais en toda a Comunidade Europea, a fixación irrevogable das paridades entre as moedas nacionais dos estados membros e a adopción dunha moeda única, o ECU (desde 1995, euro). Para iso era necesario que as políticas económicas de todos os estados membros fosen compatibles entre si e que se acadase un alto grao de coherencia nas políticas orzamentarias nacionais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de Maastrich.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado aprobado (11.12.1991) e asinado (7.2. 1992) en Maastricht polos representantes dos doce estados membros da Comunidade Europea, e que co Tratado da Unión Económica e Monetaria, forma a Unión Europea. A súa aprobación reforzou os vínculos dos doce membros da Comunidade en materia de política exterior e seguridade común, a cidadanía europea, a ampliación de competencias, os mecanismos da Europa Social, a xustiza e os asuntos interiores, así como a lexitimidade democrática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado en Utrech, o 11 de abril de 1713, que puxo fin á Guerra de Sucesión Española. Foi complementado polo Tratado de Rastatt (1714) e outros tratados menores que afectaron, por unha banda a Francia e España, e pola outra, aos aliados antiborbónicos: Reino Unido, Austria, Holanda, Prusia, Savoia e Portugal. Filipe V foi recoñecido como rei de España e das Indias pero perdeu as posesións europeas, que pasaron sobre todo a poder de Austria. Federico Guillerme I obtivo o recoñecemento do seu título de rei de Prusia e recibiu o Alto Gelderland. Savoia recibiu unha parte do Milanesado e a illa de Sicilia, que posteriormente cambiou con Austria por Sardeña (Tratado de Londres, 1718). Holanda recibiu oito prazas fortes en Bélxica, no camiño seguido polas invasións francesas, mentres que para Francia os tratados representaron o fracaso da política de hexemonía borbónica. Reino Unido saíu beneficiado, pois impuxo a súa política de equilibrio europeo, reafirmou a súa hexemonía marítima...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 11 de decembro de 1813 na localidade francesa de Valençay entre Napoleón I Bonaparte e Fernando VII, que permitiu ao monarca español recuperar a liberdade e regresar a España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en Verdun, en agosto de 843, entre os fillos de Ludovico Pío, que resolveu os conflitos provocados pola repartición do Imperio Carolinxio. Lotario obtivo o título imperial (Lotario I), o N de Italia e unha franxa central que abranguía do mar do Norte ao Mediterráneo. Carlos o Calvo obtivo Francia (Carlos II) no O do Mosa, o Saona e as Cevenes. A Luís o Xermánico correspondeulle a zona oriental do Imperio (Luís II de Alemaña).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo de axuda mutua entre Francia e Austria, asinado o primeiro de maio de 1756 como resposta ao Tratado de Westminster. Significou unha inversión no sistema de alianzas en Europa e deu paso á Guerra dos Sete Anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo entre Francia e Xénova, asinado o 15 de maio de 1768, que consagrou a anexión francesa de Córsega. Xénova, que era incapaz de dominar a rebelión de Pasquale Paoli, permitiu a presenza de tropas francesas desde 1764, e cedeu os seus dereitos de soberanía sobre a illa a cambio dunha compensación económica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo entre Reino Unido, Francia, España e EE UU, asinado o 3 de setembro de 1783, que puxo fin á Guerra de Independencia Norteamericana. Reino Unido recoñeceu a independencia de EE UU e concedeulle amplos dereitos de pesca en augas canadenses. Ademais, cedeu a Francia diversos territorios, mentres que España recuperou Florida e Menorca, aínda que non Xibraltar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo que puxo fin á Primeira Guerra Mundial. Segundo os resultados da Conferencia de Paz de París, foi asinado o 28 de xuño de 1919 por Alemaña e as potencias gañadoras: Reino Unido, Francia, EE UU, Italia e Xapón, coa adhesión doutros países. Alemaña perdeu o seu imperio colonial, cuxa administración pasou a depender da Sociedade de Nacións. Cedeu os territorios de Alsacia e Lorena, recuperados por Francia -que tamén pasou a controlar a explotación das minas do Sarre-, Prusia Occidental e Poznań, mentres que Danzig se converteu nunha cidade libre. En concepto de reparacións de guerra, impúxoselle a Alemaña o pagamento dunha cifra elevada, desmantelouse o seu exército e prohibíuselle contar con forzas aéreas, así como a súa unificación con Austria. O acordo completouse con outros tratados cos restantes vencidos: Austria (Tratado de Saint-Germain-en-Laye), Bulgaria (Tratado de Neuilly), Hungría (Tratado do Trianon) e Turquía (Tratado de Sevres).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en Viena o 22 de xullo de 1731 entre España e Francia. Supuxo o recoñecemento dos dereitos do infante Carlos sobre os ducados de Parma e Plasencia, por parte de Austria. Ademais España renovaba a Cuádrupla Alianza e aceptaba os acordos firmados o 16 de marzo dese mesmo ano en Viena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto, firmado en 1738, que rematou coa Guerra de Sucesión de Polonia. Supuxo varios acordos entre Austria e Lorena, e entre Francia, España, Nápoles, Sardeña e o ex-rei de Polonia, Estanislao Leszczýnski. Este obtivo Lorena e Barroi; Parma, Plasencia e Toscana pasaron a mans de Lorena; Nápoles, Sicilia e os Presidios de Toscana foron para o infante Carlos, fillo de Filipe V de España; o Milanesado pasou a Austria e Novara e Tortona e Tesino pasaron a mans de Sardeña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo de paz asinado en 1864 en Viena entre Dinamarca, Austria e Prusia que puxo fin á Guerra dos Ducados. Dinamarca entregou ducados de Slesvig, Holstein e Lauenburg e a cidade de Kiel a Austria e Prusia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo de paz asinado en Viena en 1866 entre Austria-Hungría e Italia. Supuxo o abandono do Véneto por parte de Austria-Hungría e o recoñecemento como reino italiano, pero a cambio dunha compensación. Ratificouno o Tratado de Venecia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo que o Rei Fernando II o Católico e o seu xenro Filipe I o Fermoso firmaron o 27 de xuño de 1506 en Villafáfila (Zamora), polo que Fernado lle deixaba o goberno de Castela a Filipe, despois da morte da Raíña Isabel I a Católica. Ese mesmo ano Filipe morreu e tivo que volver como rexente o Rei Fernando II.