"Vic" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 942.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anton Pavlovič Čekhov.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pavel Aleksejevič Čerenkov.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Konstantin Ustinovič Černenko.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Viktor Stepanovič Černomyrdin.
-
PERSOEIRO
Novelista, crítico e periodista. Escribiu À propos d’un cheval (1860), mestura de arqueoloxía e intriga novelística, e unha longa serie de novelas dun psicoloxismo idealizador. Destaca o traballo crítico Profils étrangers (1889), e o ensaio político Espagne politique (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico ruso. Foi un dos membros máis destacados da primeira xeración de pioneiros da astronáutica. En 1903 anticipou as teorías que despois fixeron posible o desenvolvemento desta ciencia. Expuxo por vez primeira a posibilidade de viaxar polo espazo extraatmosférico aproveitando o poder de reacción dos foguetes pola súa propulsión. Estableceu a razón de masas dos foguetes e deu a coñecer a fórmula fundamental da astronáutica. Como consecuencia desta estableceuse o sistema de dividir os foguetes en diversos tramos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Tamaulipas, México, nos contrafortes de Sierra Madre, drenada polo río Grande (194.996 h [1990]). O comercio, a industria téxtil e a alimentaria son as principais actividades económicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao cidadán en todo o referente ao celo polos intereses e polas institucións, en calidade de membro do Estado.
-
Relativo ou pertencente ao civismo ou ao bo cidadán e ao seu comportamento exemplar na vida política. Ex: A multitudinaria manifestación foi un acto cívico de solidariedade cos afectados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
clavecinista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
clavecín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos pirenomicetos, parasitos de flores, sobre todo das poáceas, nas que determina unha castración parasitaria, ao tempo que o fungo produce conidios que os insectos dispersan. Son ricos en alcaloides (ergotamina, ergobasina) polo que se empregan en medicina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de corda percutida moi utilizado dende o s XV ata o s XVIII. Derivado do monocordio, o son prodúcese pola percusión dunhas placas metálicas, denominadas tanxentes, sobre as cordas situadas no interior dunha caixa rectangular e dispostas perpendicularmente ao teclado que acciona as tanxentes. O número de cordas é xeralmente inferior a dez e cada unha delas produce máis dunha nota, segundo o punto onde se toca. A causa da súa sonoridade, moi suave, destinouse exclusivamente ao estudo e ás audicións privadas, pero apreciouse polas súas posibilidades expresivas, superiores ás do clavecín e ás do órgano. No s XVII o número das teclas chegou ás 45. No s XVIII construíronse os chamados independentes, cunha corda para cada tecla, e cara a finais deste século o piano desprazouno definitivamente. Carl Philipp Emanuel Bach, eloxiou as súas calidades no tratado Versuch über die wabre Art das Clavier zu spielen (Ensaio sobre a verdadeira maneira de tocar o clave,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que toca o clavicordio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos dous ósos longos, en forma de S alongado, situados na parte superior e anterior do tórax, entre o esterno e a omoplata, cos que se articulan. Cada clavícula presenta dúas caras, dúas arestas e dous extremos; nelas insírense os músculos deltoide, trapecio, esternocleidomastoideo, subclavio, pectoral maior e esternocleidohioideo. Forman parte da cintura escapular de moitos vertebrados.
-
-
Que ten clavículas.
-
Aplícase á peza ou figura, xeralmente a cruz, cos extremos rematados en forma de ollo de cravo antigo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á clavícula.
-
GALICIA
) Xornalista. Estudiou dereito en Santiago de Compostela e foi presidente da Academia Literaria. Fundou, xunto con Tiburcio Faraldo, o xornal El Centinela de Galicia (1843) e dirixiu El Oriente, de Madrid (1853). Publicou Un sueño en Estambul en el año 1550 (1840), Lecciones críticas de la historia del derecho romano y español (1841) e o Discurso pronunciado por el presidente de la Academia Literaria en la sesión general de la reposición de cargos del año 1842 (1842). Atribúeselle tamén a Reseña histórica de los últimos acontecimientos de Galicia (1846).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Líder do grupo progresista do partido conservador, opúxose ao restablecemento das relacións cos EE UU e ao recoñecemento de Panamá. Como presidente da República (1914-1918), sostivo a neutralidade de Colombia durante a Primeira Guerra Mundial e resolveu as antigas disputas fronteirizas con Ecuador (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teórico do socialismo e político francés. Entusiasta das ideas de Fourier, en 1832 deixou a carreira militar para dedicarse á propagación das súas ideas. O seu pensamento superaba a desconfianza de Fourier na industria e permanecía politicamente aberto a posturas máis revolucionarias. Deputado (1848-1849), interveu nas revolucións deses anos e tivo que exiliarse. Durante a súa estadía nos EE UU fundou a comuna La Réunion (1855-1857), preto de Dallas. De novo en París, adheriuse á Primeira Internacional e tomou parte directa na Comuna de París. Dirixiu as publicacións Le Phalanstère, La Phalange e Démocratie pacifique. Escribiu Destinée sociale (Destino social, 1834-1844) e Principes du socialisme (Principios do socialismo, 1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran duque de Rusia, segundo fillo do Tsar Paulo I e irmán de Alexandre I e de Nicolao I. Participou nas guerras contra Napoleón e en 1816 nomeárono comandante en xefe do exército de Polonia. Casado cunha aristócrata polaca, renunciou en 1822 ao trono de Rusia. As relacións con Nicolao I foron a miúdo tirantes pola reiterada defensa que fixo da autonomía polaca. Con todo, durante a Revolución de 1830 tivo que facerlle fronte á rebelión de Varsovia.
VER O DETALLE DO TERMO