Claviceps

Claviceps
[FUNGO]

Xénero de fungos pirenomicetos, parasitos de flores, sobre todo das poáceas, nas que determina unha castración parasitaria, ao tempo que o fungo produce conidios que os insectos dispersan. Son ricos en alcaloides (ergotamina, ergobasina) polo que se empregan en medicina.