"alt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 697.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco González y de Bassecourt.
-
-
de asfaltar.
-
Acción e efecto de asfaltar.
-
Dise das superficies, xeralmente rúas e estradas, revestidas por asfalto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formar o pavimento dunha rúa, dunha estrada, etc, mediante un tratamento superficial asfáltico, por rego, enriba dun material ardente (solo estabilizado, macadam, etc).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura de hidrocarburos cun certo carácter aromático, de peso molecular alto (de 103 a 105), cunha relación C/H de 8 a 9. O contido dos asfaltenos ten importancia no grao de viscosidade do asfalto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ao asfalto; da natureza do asfalto ou que contén asfalto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome antigo do mar Morto, en Palestina, chamado así pola concentración das súas augas depositadas nas beiras salinas conglomeradas, consideradas betún na Antigüidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Material aglomerante de consistencia sólida ou semisólida, constituído na súa maior parte por betúns naturais ou obtidos como residuo da destilación do petróleo. O asfalto arde con chama brillante, é insoluble en auga, álcalis e ácidos, pero é soluble en cloroformo e acetona. Emprégase na pavimentación de estradas, como impermeabilizante no revestimento de obras hidráulicas e na construción (teas asfálticas para a impermeabilización das terrazas, etc); como illante eléctrico para pechar pilas secas, acumuladores, etc; para facer pinturas e vernices; e na fabricación de aglomerantes. Os xacementos de asfalto pódense atopar en diferentes tipos de rochas e estruturas. Unha vez depurado, para podelo utilizar na construción e na conservación de pavimentos, orixina produtos denominados betúns aslfálticos naturais, se teñen menos dun 5% de impurezas, ou asfaltos naturais, cunha proporción máis grande de impurezas. Os asfaltos artificiais obtéñense como subproduto do petróleo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filme producido nos EE UU (1950), dirixido por John Houston e interpretado por Sterling Hayden, Louis Calhern, Sam Jaffe e Jean Hagen. Baséase nunha novela orixinal de W.R. Burnett, que o director aproveita e centra na descrición dun grupo de individuos marxinais, propios do cine negro, e nos que destacan unhas personalidades cheas de virtudes, impropias do submundo no que se atopan.
-
PERSOEIRO
Xeólogo e xeógrafo estadounidense. Foi profesor nas universidades de Harvard e Clark, e fundou a revista Economic Geography (Xeografía Económica). É autor de The World at Work (O mundo no traballo) e The Growth of Nations (O crecemento das nacións).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo. Traballou nos observatorios de Hamburgo, do monte Wilson e do monte Palomar. En 1943 resolveu a composición do núcleo da nebulosa de Andrómeda, feito que o levou a establecer dous tipos de poboacións estelares, que denominou poboación I e poboación II. Así mesmo, determinou que existen dous tipos ben definidos de Cefeidas e descubriu os asteroides Ícaro e Fidalgo. En 1952 corrixiu a constante de Hubble, que verifica a lei de Hubble-Humason.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo. Traballou nos observatorios de Hamburgo, do monte Wilson e do monte Palomar. En 1943 resolveu a composición do núcleo da nebulosa de Andrómeda, feito que o levou a establecer dous tipos de poboacións estelares, que denominou poboación I e poboación II. Así mesmo, determinou que existen dous tipos ben definidos de Cefeidas e descubriu os asteroides Ícaro e Fidalgo. En 1952 corrixiu a constante de Hubble, que verifica a lei de Hubble-Humason.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista, banqueiro, avogado, politólogo e crítico literario. Foi discípulo de David Ricardo e director de The Economist dende 1860 ata a súa morte. Adquiriu gran prestixio entre a burguesía británica. Unha reelaboración dos seus artigos deu lugar a Lombard street: a description of the money market (1873), descrición clásica do mercado monetario londinense. Sostén unha explicación dos ciclos económicos por un ciclo psicolóxico de optimismo e pesimismo. A súa obra The english Constitution (A Constitución inglesa, 1867) foi un clásico da ciencia política. Entre as súas obras de crítica literaria cómpre mencionar Literary studies (Estudios literarios, 1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Catedrático de Física Teórica e Experimental nas universidades de Salamanca (1933-1941) e Madrid (1941-1963). Traballou no campo das radiocomunicacións e na física doutras enerxías, e foi un gran divulgador da radioastronomía e da astronáutica en diferentes revistas e enciclopedias. En 1941 creou a sección de Electricidade do Instituto de Física Alonso de Santa Cruz, do CSIC. Foi xefe do departamento de Física do Instituto Torres Quevedo, director do Instituto Nacional de Electrónica (1949-1952) e do Alonso de Santa Cruz (1965), e presidente de honor do Centro de Investigaciones Físicas L. Torres Quevedo. Como académico, formou parte da Reial Acadèmia de Ciències i Arts de Barcelona (1948) e da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Madrid (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, localizado á beira dereita do río Pisuerga, augas abaixo da confluencia deste río co Arlanzón (1.628 h [1996]). A economía deste concello ten a súa base nas actividades agropecuarias, o cultivo de cereais e videiras, e a gandería.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cepa estéril e brava que non produce viño.
-
MONTES
Monte da parroquia de Río Caldo, no concello de Lobios, de 1.089 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Bartolomeu que dá nome ao concello de Baltar por ser onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de san Pedro Fiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Municipio da comarca da Limia, situado na provincia de Ourense ao S da Comunidade Autónoma, na Raia Seca, na fronteira con Portugal(41º 56’ 57 ‘’ latitude N e 71 43 ‘ 00’’ lonxitude O ). Limita ao N cos concellos dos Blancos e Xinzo de Limia (A Limia), ao S con Portugal, ao L co concello de Calvos de Randín (A Limia) e ao O co de Cualedro (Verín). Abrangue unha superficie de 94 km 2 cunha poboación de 1.126 h (2007), distribuídos nas parroquias de Abades, Baltar, Garabelos do Bouzo, Niñodaguia, Texós, Tosende e Vilamaior da Boullosa. A capital está no lugar de Baltar, na parroquia homónima. Dista 172 km de Santiago de Compostela e 55 km de Ourense e está adscrito ao partido xudicial de Xinzo de Limia e á diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Baltar está baixo a influencia do dominio climático oceánico de montaña, propio dunha área cunha elevada altitude media (a capital está a 900 m sobre o nivel do mar) e interior, relativamente lonxe...