"bat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘tres’ na baralla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos batjaus.

    2. Individuo do pobo batjau.

    3. Pobo protoindonesio do grupo orang-laut. Maioritariamente nómades, os batjaus (uns 1.500 individuos) percorren nas súas barcas-vivenda as costas nororientais de Borneo e as das illas Sulu e Célebes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e estadista. Foi un dos políticos latinoamericanos máis progresistas do seu momento e deu lugar á corrente política que leva o seu nome, o batllismo, que aínda hoxe conta con moitos seguidores no Uruguai. O seu pai, Lorenzo Batlle, xefe do Partido Colorado, fora Presidente da República durante os anos 1868 e 1872. Iniciouse na política no Partido Colorado logo de viaxar por Europa e ter estudado na Sorbonne. Xornalista de éxito, fundou en 1886 o diario El Día. Foi elixido deputado e senador entre os anos 1891 e 1898, e Presidente da República entre 1903 e 1907 e, nunha segunda ocasión, entre 1911 e 1915. Como xefe do executivo tivo que facer fronte a diversas rebelións departamentais e ao longo período de guerras civís, que se saldaron coa derrota e morte do líder do Partido Nacional (Branco), Aparicio Saraiva, en 1904. Batlle desenvolveu un programa de amplas reformas económicas e sociais, marcadas por unha política de nacionalizacións e creación de empresas públicas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e teólogo xesuíta. Centrou a súa investigación en tres temas fundamentais: os xesuítas da Ilustración, a presenza dos xesuítas en América e o Humanismo. Publicou entre outras, as seguintes obras: Historia y mito de la intervención de los jesuítas en la independencia de Hispanoamérica (1953) e Humanismo y Renacemento: estudios hispanoeuropeos (Premio Nacional de Historia, 1988). Outorgáronlle a Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya (1985), o Premio de Honor das Letras Catalanas (1990) e o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il de Batman, na rexión da Anatolia Oriental, Turquía (186.178 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il da rexión de Anatolia Oriental, Turquía (4.694 km2; 345.100 h [1990]). A súa capital é Batman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cómic norteamericano que apareceu en 1939 editado pola Detective Comics Magazine. Nos anos sesenta acadou unha enorme popularidade e pasou ao cine e á televisión. A indumentaria do personaxe principal consta dun traxe escuro con capa e anteface, semellante ao dun morcego. Habita na cidade de Gotham e ten como compañeiro de aventuras a Robin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción norteamericana realizada en 1989 e dirixida por Tim Burton. Foi interpretada por Jack Ni-cholson, Michael Keaton, Kim Basinger e Pat Hingle. Destaca polo emprego de numerosos efectos especiais que tentaban achegar a película ao cómic orixinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da wilāya homónima de Alxeria (181.601 h [1987]). Praza militar creada en 1844, é un centro comercial, agrícola e gandeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Alxeria (12.121 km2; 752.617 h [1987]). A súa capital é Batna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto mesturado e desordenado de cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo baixo e pantanoso, que se asolaga coas chuvias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao efecto de desprazamento dunha banda de absorción nunha rexión de lonxitude de onda máis longa, provocado por un auxocromo ao ser introducido nunha molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fobia ás profundidades e ao baleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á superorde dos batoideos.

    2. Peixe da superorde dos batoideos.

    3. Superorde de peixes da subclase dos elasmobranquios que comprende individuos de corpo comprimido dorsoventralmente, de cores escuras no dorso e brancas no ventre. É un grupo rico en especies que, nalgúns casos, presentan órganos eléctricos. Os batoideos distribúense por todos os mares e viven polo xeral nos fondos litorais. A ela pertence a orde dos raiformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao batolito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa de rochas intrusivas de grande extensión de afloramento e enraizadas en profundidade. Está constituída por un complexo de rochas plutónicas ácidas. A súa situación orixina un continuo de transformacións na rocha que encaixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repetición inmotivada e molesta dun ou máis sons, como se dá, por exemplo, nos tatexos.

    2. Repetición innecesaria e molesta dunha mesma cousa, se non coas mesmas palabras, frases ou ideas, si con outras equivalentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Louisiana, nos EE UU, no curso baixo do Mississippi (215.882 h [1996]). Foi fundada como praza militar polos franceses no ano 1719. Porto fluvial, posúe industrias químicas e refinerías de petróleo. Polo que respecta aos servicios, ademais dos administrativos propios do seu carácter capitalino, destaca como centro de ensino superior grazas á Louisiana State University and AM College, fundada no ano 1845.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi discípulo de Sebastiano Conca. Cultivou a pintura relixiosa e alegórica nun estilo neoclásico, xunto co retrato a personaxes, papas e reis, aos que dotou dunha graza rococó. É autor das obras Un viaxeiro en Italia e Charles Cecil Roberts, e da pintura Pío VI. No seu estilo mestúranse a Antigüidade clásica, a pintura de Raffaello Sanzio e o academicismo francés. Foi conservador das coleccións papais e realizou retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO