Batoni, Pompeo Girolamo

Batoni, Pompeo Girolamo

Pintor. Foi discípulo de Sebastiano Conca. Cultivou a pintura relixiosa e alegórica nun estilo neoclásico, xunto co retrato a personaxes, papas e reis, aos que dotou dunha graza rococó. É autor das obras Un viaxeiro en Italia e Charles Cecil Roberts, e da pintura Pío VI. No seu estilo mestúranse a Antigüidade clásica, a pintura de Raffaello Sanzio e o academicismo francés. Foi conservador das coleccións papais e realizou retratos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Luca

  • Deceso

    Lugar : Roma