"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • ILLAS

    A máis extensa do arquipélago das Bahamas, situada ao L da punta meridional de Florida (5.957 km2; 8.180 h [1990]). É baixa, areosa, con lagos e atravesada por canais navegables e polo río Goose (25 km), o único das Bahamas. Industria pesqueira e turística. A illa foi chamada ‘Isla del Espíritu Santo’ polos españois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Situada en Grecia no nomós das Cícladas, no Mar Exeo. É a máis setentrional do arquipélago. De relevo montañoso, a cima culminante é o Kubarion (1.009 m). A capital da illa é Andros, un pequeno porto da costa occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moitos anos.

    2. Elaborado polo paso dos anos.

    3. Que ten un ano de idade, especialmente dito dos animais.

      1. Leite da vaca que acadou a máxima calidade despois de varios meses do parto.

      2. Leite da vaca que se obtén ao muxila unha soa vez ao día.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enredar unha persoa nun asunto que é alleo confundindo a xente.

    2. Facer unha obra provisional sen cuidado de que poida esmendrellarse en calquera momento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Taboleiro ou anaco de lona unido a dúas barras paralelas, que serve para levar cargas sobre o ombreiro entre varias persoas.

    2. Aparello en forma de cama portátil destinado a mover enfermos, feridos, impedidos ou lesionados que necesitan urxentemente asistencia médica.

    3. Aparello constituído por dous soportes ou traveseiros de madeira dispostos no lombo das bestas de carga para poderen transportar herba, palla, follas secas e outras cousas.

    4. Instrumento de madeira, feito con táboas transversais con respecto a dous varais, usado para transportar cousas á man. Era empregada polos mariñeiros para transportar os aparellos ata os secadoiros e tendais situados nas praias. Utilízase no transporte de redes non excesivamente pesadas. Se eran aparellos enteiros e de maiores dimensións, o transporte facíase por parellas de mariñeiros con cadansúa angarella e dispostos da forma axeitada para transportalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘estada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago da costa NO de Francia no Canal da Mancha, pertencente administrativamente a Gran Bretaña (195 Km2; 148.000 h [estim 1995]). Constitúen unha prolongación do macizo da Armórica, e ten un relevo con costas altas e escarpadas. O arquipélago comprende as illas de Guernesey, Jersey, Alderney, Sark, Herm e outras máis pequenas. As principais poboacións son Saint Peter Port en Guernesey e Saint Helier en Jersey. As illas foron ocupadas polos alemáns dende 1904 ata finais de 1945. O dereito baséase no Grand Coutumier de Normandía, elaborado no s XIII, con engadidos posteriores de leis inglesas. As linguas oficiais son o francés en Jersey e o inglés en Guernesey, aínda que no campo se fala un dialecto francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar en Cibuq Abad, preto de Angora, en xullo de 1402, entre o Emir mongol Tamerlán e o Sultán otomano Baiazet quen, vencido e feito preso, morreu en catividade. Esta derrota frea temporalmente a expansión otomana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa das Pequenas Antillas, a máis setentrional das Leeward, que constitúen unha dependencia de Gran Bretaña. O territorio tamén abrangue a illa de Sombrero e moitos illotes deshabitados. A capital é The Walley. Descuberta por Colón no ano 1493, desde 1650 foi ocupada polos ingleses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes teleósteos da familia dos angüílidos ao que pertence a anguía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Traduciu a Metamorfoses (1561) de Ovidio en oitavas italianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que designa a ‘gradilla ou marco de ferro para facer a tella do país e o ladrillo cando non se fai á máquina’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo a carón da lareira onde se coloca a leña para ir botando ao lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marcas dentadas que teñen os paos das cangallas do carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Ulloa situado na provincia de Lugo no centro da comunidade autónoma, (42°46’ 57’’ N - 7° 53’ 18’’ O). Limita ao N co concello de Palas de Rei, ao L co de Monterroso, ao S cos de Taboada (comarca de Chantada) e Rodeiro (Deza), e ao O co de Agolada (Deza). Abrangue unha superficie de 103,6 km 2 cunha poboación de 2.549 h (2007) distribuídos nas parroquias de Agüela, Alvidrón, Amoexa, Antas de Ulla, Árbol, Arcos, Areas, Barreiro, Casa de Naia, A Cervela, Cibreiro, Cutián, Dorra, Facha, Olveda, Peibás, Queixeiro, Reboredo, O Rial, San Fiz de Amarante, San Martiño de Amarante Santa Mariña de Castro de Amarante, Santiso, Santo Estevo de Castro de Amarante, Senande, Terra Chá, Vilanuñe e Vilapoupre. A capital municipal é Antas. Atópase a 45 km de Lugo, está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Chantada.
    Xeografía física
    O territorio do municipio de Antas de Ulla, situado ao L da serra do Farelo, vese afectado polo dominio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Antas de ulla. baixo a advocación de San xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa de orixe románica construída entre 1225 e 1230. Conserva só parte da nave, na que destaca o tímpano da portada principal, semicircular e decorado cunha cruz de Santiago no medio, flanqueada por un epígrafe hoxe ilexible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de València, situado á esquerda do Xúcar (1.558 h [1996]). Posúe unha Igrexa barroca do s XVIII. Ten restos do pazo señorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortificación colocada diante da muralla que ten función de defender.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cousa moi antiga ou que xa está en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO