Anglonormandas, Illas

Anglonormandas, Illas

Arquipélago da costa NO de Francia no Canal da Mancha, pertencente administrativamente a Gran Bretaña (195 Km2; 148.000 h [estim 1995]). Constitúen unha prolongación do macizo da Armórica, e ten un relevo con costas altas e escarpadas. O arquipélago comprende as illas de Guernesey, Jersey, Alderney, Sark, Herm e outras máis pequenas. As principais poboacións son Saint Peter Port en Guernesey e Saint Helier en Jersey. As illas foron ocupadas polos alemáns dende 1904 ata finais de 1945. O dereito baséase no Grand Coutumier de Normandía, elaborado no s XIII, con engadidos posteriores de leis inglesas. As linguas oficiais son o francés en Jersey e o inglés en Guernesey, aínda que no campo se fala un dialecto francés.