"lus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

    1. Acción e efecto de purificar.

    2. Cerimonia de purificación, expiación e protección propia de diversas relixións. Son elementos lustrais a auga, o lume e os sacrificios de animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á lustración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar brillo a algo fretándoo de forma repetida.

    2. Purificar con ritos ou cerimonias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brillo que desprenden as cousas que foron brunidas ou puídas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Traballou nos xornais El Miño de Ourense, Galicia Nueva de Vilagarcía de Arousa e Galicia Moza, onde coincidiu con Castelao. Vinculado ao agrarismo desde 1912, foi un dos sete asinantes do Manifesto de Ourense. Ao ano seguinte pasou a dirixir o xornal voceiro de Acción Gallega, El Heraldo Gallego, e o semanario vigués La Crónica. En 1915 trasladouse a Madrid onde colaborou en España Nueva, España Libre e El Liberal. Volveu a Galicia en 1918 e escribiu en La Zarpa, Vida Gallega e Galicia, ademais de colaborar co xornal barcelonés La Publicidad e os madrileños El Sol e La Sornada. Abandonou o movemento agrarista en 1922, ao que consideraba traidor a Galicia por terse presentado ás eleccións ao Parlamento español. Posteriormente dirixiu Faro de Vigo e foi asasinado pouco despois do alzamento militar de 1936. Como escritor destacan as novelas Pandemonium (1917) e La Fraticida, publicada en Correspondencia de España, a obra de teatro La hora grande e o ensaio El primer...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período de tempo que equivale a cinco anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten lustre.

    2. Que ten bo aspecto ou boa presencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Presentou a súa candidatura en Solidaritat Catalana, o que lle fixo renunciar á súa carreira militar. Colaborou no semanario Renaixement da Unió Catalanista, desde onde impulsou posicións revolucionarias, e como agrupación política radical, formou a Federació Democràtica Nacionalista (1919), pero ao non ser aceptada a proposta de crear un Estado Catalán, disolveuna para crear un novo grupo radical, o Estat Català. Exiliouse despois do golpe de estado de Primo de Rivera (1923-1931). Á volta constituíu Esquerra Republicana de Catalunya, partido que presidiu e co que venceu nas eleccións municipais de 1931. Neste mesmo ano incluíu ao Estat Català na Federación de Repúblicas Ibéricas, aceptou a reconversión do goberno de Catalunya na Generalitat de Catalunya, da que foi presidente ata a súa morte, e participou na elaboración o Estatuto de Autonomía de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos macrúridos, que presentan aletas dorsais e anais pouco saíntes. A especie máis común é M. laevis, de corpo alongado, cabeza grande, peláxico e é común no Atlántico e Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peche defectuoso das arcadas dentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Foi oficial do exército de Napoleón, e dirixiu a construción de fortificacións militares en varias cidades europeas. O seu estudo sobre a dobre refracción da luz (1811) deu lugar ao descubrimento do fenómeno da polarización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que dá a intensidade I da luz polarizada que atravesa un analizador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos agaricais da familia das tricolomatáceas. En Galicia está presente a especie M. candidus, que se caracteriza pola súa cor branca, sombreiro rizado e esporas de 9 x 4 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura imaxinaria que se representa por unha serea que se está a bañar dentro dunha talla.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos moluscos.

      2. Animal do filo dos moluscos.

      3. Filo de animais metazoos triploblásticos celomados, de simetría bilateral, que presentan o corpo brando e non segmentado, excepto nos monoplacóforos, mucoso e provisto dunha pregadura dorsal, o manto, que delimita unha cavidade, a cavidade palial, entre el e a superficie dorsal. O manto pode segregar unha cuncha provista dunha ou máis partes, que nalgúns grupos moi evolucionados pasa a ser interna, se reduce moitísimo ou mesmo chega a desaparecer. Xeralmente, o corpo está dividido en tres rexións, cabeza, masa visceral e pé, aínda que esta disposición sofre moitas variacións nalgúns grupos. A cabeza está ben desenvolvida, excepto nos lamelibranquios e os escafópodos, e leva os órganos dos sentidos. A masa visceral, enrolada en espiral nos gasterópodos, está protexida pola cuncha, cando a hai. O pé é un órgano ventral moi variable en cada grupo de moluscos, pero sempre cunha misión locomotriz ou escavadora. O filo dos moluscos, posiblemente orixinados a partir dos anélidos, inclúe unhas...

      1. Nome xenérico de diversas afeccións da pel que se caracterizan principalmente pola formación de pequenos tumores subcutáneos, brandos e redondos.

      2. molusco contaxioso

        Dermatose infecciosa e autoinoculable, causada por un virus de grandes dimensións, que presenta pequenos nódulos múltiples, hemisféricos, umbilicados no centro, translúcidos, de cor branca ou rosada, e que afecta principalmente á cara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é semellante a un molusco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor neerlandés. Discípulo e seguidor do estilo de Michiel van Mierevelt, cultivou a pintura de xénero e especialmente o retrato, onde potenciou a personalidade do retratado e describiu con minuciosidade os detalles da vestimenta e os accesorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes óseos, da familia dos múlidos, que presentan unha corpo alongado e comprimido, unha barba curta debaixo do mentón, e numerosas manchas na parte superior das aletas. As especies máis representativas son o salmonete de rocha e o de fango.

    VER O DETALLE DO TERMO