Lustres Rivas, Manuel

Lustres Rivas, Manuel

Xornalista e escritor. Traballou nos xornais El Miño de Ourense, Galicia Nueva de Vilagarcía de Arousa e Galicia Moza, onde coincidiu con Castelao. Vinculado ao agrarismo desde 1912, foi un dos sete asinantes do Manifesto de Ourense. Ao ano seguinte pasou a dirixir o xornal voceiro de Acción Gallega, El Heraldo Gallego, e o semanario vigués La Crónica. En 1915 trasladouse a Madrid onde colaborou en España Nueva, España Libre e El Liberal. Volveu a Galicia en 1918 e escribiu en La Zarpa, Vida Gallega e Galicia, ademais de colaborar co xornal barcelonés La Publicidad e os madrileños El Sol e La Sornada. Abandonou o movemento agrarista en 1922, ao que consideraba traidor a Galicia por terse presentado ás eleccións ao Parlamento español. Posteriormente dirixiu Faro de Vigo e foi asasinado pouco despois do alzamento militar de 1936. Como escritor destacan as novelas Pandemonium (1917) e La Fraticida, publicada en Correspondencia de España, a obra de teatro La hora grande e o ensaio El primer Castelao. Biografía y antología rota.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ribeira

  • Deceso

    Lugar : Vigo