"rot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

    1. Incisión que se realiza, en caso de obstrución, nunha asa intestinal, para evacuar as materias fecais ou corpos estraños.

    2. Sección do esporón dun ano artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de enfermidades provocadas pola proliferación dalgunhas bacterias do xénero Clostridium, produtoras de enterotoxinas ao longo dos intestinos e que son típicas do gando ovino. Preséntanse a consecuencia de modificacións da flora microbiana normal do intestino, feito que favorece o desenvolvemento doutro tipo de microorganismos de carácter oportunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exotoxina de natureza polipeptídica que, inxerida ou producida no intestino, afecta ao funcionamento da mucosa intestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade do Proterozoico con categoría de eratema (ou era).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Epiprotozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Epiro ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Epiro.

    3. Dialecto do grego antigo falado en Epiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e teólogo. O seu verdadeiro nome era Geert Geerts, pero, seguindo unha tendencia humanística e interpretando que o seu nome viña do verbo medio-holandés ghëren ‘desexar’, cambiouno por Desiderius Erasmus Rotterdamus, latinizando o primeiro nome e grecizando o segundo. Formado en diversas escolas relixiosas de Goude e Deventer, profesou como agostiño no mosteiro de Steyn en 1488 e en 1492 ordenouse. Os seus estudios como latinista fixeron que se convertese en 1493 no secretario do bispo de Cambrai. En 1495 retomou os seus estudios na Universidade de París, onde entrou en contacto co humanismo platónico italiano e as doutrinas da devotio moderna. Entre 1496 e 1500 viaxou polos Países Baixos e Inglaterra, onde coñeceu o teólogo John Colet e o humanista cristián Thomas More, que o conduciron a unha síntese de platonismo e cristianismo e a unha piedade paulina e cristocéntrica. En 1500 publicou Adagiorum collectanea, colección de ao redor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘amor’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interrogación empregada como figura retórica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao erotismo ou ao amor sensual.

    2. Que excita o desexo sensual.

    3. Modalidade cinematográfica que emprega o erotismo como medio de expresión. As súas orixes hai que buscalas nos primeiros anos do cine, en pequenas obras como The May Irvin-John C. Rice Kiss (1896) e outras producións de Meliès ou Pathé. A evolución do carácter erótico das películas foi parella coa evolución sociopolítica de cada país. O uso do nu como recurso erótico empregouse en numerosos filmes como Extase (1932), de Gustav Machatý, ou Et Dieu créa la femme (E Deus creou a muller, 1956), de Roger Vadim. Nos anos vinte o erotismo cinematográfico adquire unha nova dimensión con filmes como Un chien andalou (1928), de L. Buñuel. Ao mesmo tempo, asistiuse ao nacemento de auténticos mitos eróticos na industria cinematográfica americana como Myrna Loy, con películas como The Barbarian (Unha noite no Cairo, 1933), ou Marilyn Monroe, con películas como Gentlemen Prefer Blondes (Os cabaleiros prefírenas louras, 1953) ou The Seven Year...

    4. Na literatura clásica non pode falarse dunha maneira clara de literatura erótica senón, máis ben, da aparición de elementos ou situacións eróticas. Así, localízanse certas compoñentes eróticas en libros tradicionais como o hindú Kama-Sutra ou algúns contos árabes de As mil e unha noites. Na tradición grecolatina apareceron elementos eróticos nalgunhas obras poéticas de Safo, Calímaco, Anacreonte, Catulo, Horacio, Ovidio ou Apuleio, e cómpre destacar o Satiricón de Petronio. Na Idade Media, e xa dunha maneira moito máis explícita, o erotismo estivo moi presente no Decamerón. No Renacemento destacaron algunhas obras da literatura castelá nas que o erotismo comezou a ser máis explícito aínda, como pode ser La lozana andaluza ou La Celestina. Neste momento o erotismo expresábase máis a través da utilización suxerente da palabra que da descrición evidente de situacións sexuais. No s XVII, Tirso de Molina creou un dos mitos eróticos máis coñecidos da literatura universal, Don Xoán, personaxe...

    5. Modalidade teatral que ten na provocación dos sentidos e da sensualidade o seu elemento máis significativo. Así, na Antigüidade podíanse contemplar diversas escenas reproducidas en pezas de cerámica nas que se representaban cómicos con grandes falos, quizais imitando costumes propios dos ritos de fertilidade. Esta é unha tradición que se mantivo viva nas manifestacións do teatro cortesán e popular e que provocou en diferentes épocas históricas condenas da Igrexa e do poder civil. Así aconteceu nas festas atelanas de Roma ou no teatro medieval cos mimos, xograres e outros comediantes que presentaban farsas e outros divertimentos escénicos. Pero o teatro estritamente erótico semella ser un desenvolvemento dun tipo de espectáculo que se presentaba en Francia en salóns privados e que, logo de gañar popularidade, se coñeceu como teatro clandestino, libertino ou lascivo, e pasou a ser un divertimento potenciado e aplaudido pola aristocracia. Nas súas manifestacións máis coñecidas trátase dun...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica sueca realizada en 1920. Foi dirixida por Mauritz Stiller e interpretada por Anders de Wahl, Tora Teje, Lars Hanson, Karin Molander e Vilhelm Bryde, entre outros. É unha comedia de enredo con elementos de sensualidade que influíu moito en directores centroeuropeos como Lubitsch ou Gustav Machatý.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos erotílidos.

    2. Coleóptero da familia dos erotílidos.

    3. Familia de coleópteros propios de cascas de árbores mortas, especialmente se existe abundancia de fungos descompoñedores. Caracterízanse por presentarse, na fase adulta, como escaravellos de tamaño medio ou pequeno -cun tamaño medio duns 8 mm de lonxitude que no caso dalgunhas especies chega ata 22 mm de lonxitude- e as máis das veces de cor alaranxada, vermella ou negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Busca, investigación ou evocación do pracer que enriquece as posibilidades do desexo sexual. Implica unha disposición e un conxunto de recursos da imaxinación para mobilizar a sensualidade baixo a presión daquel desexo. É unha canle vital de comunicación, porque se vale de toda clase de xestos que lle dan á sensualidade unha dimensión subxectiva e persoal que comporta unha liberación sexual. As culturas orientais e outras fixeron do erotismo unha relixión, unha arte ou unha ciencia; pola contra, a civilización xudeocristiá negoulle toda dimensión espiritual e converteuno en algo vergonzoso e pecaminoso. O erotismo é un concepto ambiguo que foi empregado segundo as ideoloxías e as mentalidades. Esta ambigüidade reflectiuse nas lexislacións occidentais, que crearon unha dicotomía, puramente subxectiva, entre erotismo considerado arte e pornografía considerada pura artesanía comercial ou groseira.

    2. Calidade ou condición de erótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de erotizar ou erotizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar carácter erótico.

    2. Tomar carácter erótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Epopea nacional da Grecia sometida ao dominio turco. Composta por Vitzentzos Kornaros (citado ao final do poema) entre 1640 e 1665, consta de máis de dous mil versos e tomou como fonte de inspiración o Paris et Vienne, de Pierre de la Cypède, ademais doutras posibles influencias italianas. Describe a historia e as vicisitudes amorosas de Aretusa e Erotócrito, guerreiro continuador da tradición heroica dos gregos, que personalizou a defensa do sentimento nacional e das tradicións do pobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repugnancia ou temor enfermizo á actividade sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ou hábito de escribir ou debuxar sobre temas sexuais. Son unha mostra característica os graffiti dos retretes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección esaxerada á actividade sexual por parte de persoas que, en principio, poden satisfacela libremente. No home recibe o nome de satiriase, e, na muller, de ninfomanía. Pode ser síntoma de enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO