"xia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 855.

  • Ciencia que ten por obxecto o estudo das causas de criminalidade, a etioloxía do delito, o coñecemento das súas formas de aparición e desenvolvemento como fenómeno individual e social, e o establecemento dos medios para prevelo. O estudo do delincuente e do delito desenvolveuse a partir da socioloxía positivista, que individualiza o crime como un fenómeno personalizado. Estas teses desenvolvéronse en tres vertentes: a escola sociolóxica francesa, a escola sociolóxica alemá de Von Liszt e a escola positiva italiana de Césare Lombroso. As principais correntes da criminoloxía agrúparonse en dúas grandes liñas investigadoras: unha que vinculaba o feito delitivo á personalidade do delincuente; e a socioloxía criminal, que lle outorgaba ao medio social un papel preponderante na xeración do feito delitivo. Trala Segunda Guerra Mundial a criminoloxía superou a anterior dualidade ao entender que o feito delitivo é o resultado da conxunción dunha serie variada de factores de diversa índole que operan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autólise dos grans de secrección producidos pola célula nunha cantidade superior á habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da biofísica que estudia os efectos das baixas temperaturas e do xeo sobre os organismos vivos ou os seus constituíntes (células, tecidos, órganos, etc). Estudia as condicións de conxelación e de desconxelación nas que a materia viva non sofre cambios, así como a conservación recuperable a baixas temperaturas durante longos períodos. Se se somete a materia viva a un arrefriado demasiado rápido, os cristais de xeo que se forman dentro das células destrúenas. Se o arrefriado é demasiado lento, os cristais fórmanse fóra das células. Pódense conservar células e tecidos que normalmente se destruirían co frío engadíndolle un aditivo á solución, chamado crioprotector, que diminúe a concentración de sales disoltos e impide a formación de xeo intracelular. A conservación de tecidos e células a baixa temperatura baséase na paralización reversible das funcións vitais nun estado que se denomina vida suspendida. Aplícase na conservación de órganos e tecidos para transplantes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica operatoria que se basea no aproveitamento dos efectos que as temperaturas moi baixas teñen sobre os tecidos orgánicos. A substancias crioxénicas máis utilizadas son o dióxido de carbono e o nitróxeno líquido. Aplícase, sobre todo, en oftalmoloxía e dermatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación ampla do conxunto de disciplinas que estudian os fenómenos producidos a temperaturas moi baixas. A crioloxía contén a criofísica, a crioxenia, a crioquímica e a criobioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina científica que trata da localización e estudo de animais non descubertos e que, en xeral, se pensa que se extinguiron. Cómpre sinalar o caso do peixe sarcopterixio, chamado celacanto. Coidábase que este animal estaba extinguido dende hai uns sesenta millóns de anos, pero en 1938 foi localizado por uns pescadores preto de Madagascar. Outro caso foi o do okapi, un gran mamífero descuberto en 1906. En 1978 fundouse a Sociedade Internacional de Criptozooloxía, dedicada á busca de animais “ocultos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da teoloxía que trata da persoa e da obra de Cristo. Tradicionalmente, aplícase ao tratado dogmático sobre a esencia de Cristo e á unión nel das naturezas humana e divina; o estudo da súa misión redentora recibe o nome de soterioloxía. O desenvolvemento teolóxico-dogmático dos cinco primeiros séculos, sobre todo cos concilios de Nicea (325), Constantinopla (381) e Calcedonia (451), orixinou unha dobre problemática cristolóxica. Despois de diversas especulacións (adopcionismo, docetismo, nestorianismo, monofisismo, etc), abordouse a interpretación da filiación divina de Cristo, que deu pé á elaboración da teoloxía trinitaria, e ao problema das relacións desta filiación coa esencia de Cristo, que levou á doutrina da encarnación. Desta liña especulativa, tradicional na teoloxía católica e compartida modernamente por algúns teólogos protestantes (Brunner e Barth) e que se denomina cristoloxía descendente, a síntese tomista elabora un tratado unitario (De Verbo Incarnato)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da teoría filosófica do coñecemento que estudia os criterios de verdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Duración mínima de aplicación dun estímulo para provocar unha reacción determinada nunha célula excitable (neurona ou fibra muscular), cando a intensidade de estimulación administrada é a dobre dun parámetro determinado, que se coñece como reobase. Este termo introduciuno Louis Lapicque en 1909. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio ou cálculo da duración da vida e dos condicionantes para prolongar a espectativa media.

    2. Estudio dos ritmos biolóxicos dun organismo vivo durante un período de tempo determinado, xeralmente de vinte e catro horas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio dos movementos e do tempo que se teñen que desenvolver e empregar para levar a cabo con eficacia un esforzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do efecto dun medicamento en función da hora da súa administración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia auxiliar da historia que ten por obxectivo establecer as datas dos acontecementos históricos. Pódense distinguir dous tipos: a pura, baseada en principios astronómicos e que ten como unidades de cómputo o ano, o mes, o día e a hora; e a aplicada, que se basea no establecemento de períodos temporais por parte da historiografía e que emprega termos como ciclo, era, período, idade e época.

    2. Ciencia que determina a idade e a duración de cada formación xeolóxica e de cada fase de dobramentos e dos períodos entre fases. Pódese distinguir unha cronoloxía relativa, baseada na orde de sedimentación dos estratos ou de sucesión dos fenómenos, e unha cronoloxía absoluta, baseada na determinación dos anos que pasaron dende que aconteceu un fenómeno concreto. Baséase no estudo dos fósiles característicos ou ben nas técnicas de datación.

    3. Serie de feitos relativos a un acontecemento ordenados temporalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das alteracións da saúde conforme aos ritmos biolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • tetraplexía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de signos lingüísticos convencionais empregado polos xordomudos, no que cada a letra do alfabeto lle corresponde unha posición da man e dos dedos,

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xeorxia (1089-1125), fillo de Xurxo II. Aproveitou a primeira cruzada e a decadencia turca para reconstruír cidades e repoboar extensas comarcas. Foi o primeiro dos soberanos de Xeorxia que tivo exército permanente. Conquistou Tbilisi (1121) e o seu reino estendíase dende o Mar Negro ata o Caspio e dende o Cáucaso ata Armenia, logo de ocupar a súa capital, Ani, en 1123. Fixo importantes reformas na xustiza, na Igrexa e no exército, e foi un gran protector das artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma impura de goberno democrático, segundo o concepto aristotélico, na que exercían o poder aqueles individuos que seducían e enganaban as masas mediante o seu discurso e axudados de falsas promesas.

    2. Política baseada no uso de métodos emotivos e irracionais que estimulen os sentimentos dos gobernados, e acepten así uns programas de acción impracticables que pretenden unicamente manter situacións de privilexio. Está moi ligada aos sistemas de goberno ditatoriais ou de liderado autoritario que utilizan a adulación ás clases economicamente febles por parte dun líder carismático para o ascenso ao poder.

    3. Estado político no que o goberno se entrega á multitude.

    4. Razoamento enganoso para conseguir o apoio dos demais para beneficio propio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das características dos organismos que ocupan grandes extensións de terreo na Terra, por exemplo a fauna do sur de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio ou tratado sobre a natureza e calidades dos demos.

    2. Antiga forma de coñecemento baseada nunha tentativa inicial de interpretación de psicopatías nun enfermo mental posuído por espíritos malignos.

    VER O DETALLE DO TERMO