"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Poetisa portuguesa. O seu primeiro libro foi Poesia (1944), ao que seguiron Dia do mar (1957), Coral (1950), Mar Novo (1958), O Cristo cigano (1961) e O nome das coisas (1977), entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Andrés.
-
PERSOEIRO
Doutor en farmacia e un dos precursores da industria farmacéutica en España. A súa Pasta pectoral, moi exportada a América do Sur, foi un dos primeiros específicos preparados en España. Organizou o laboratorio farmacéutico que leva o seu nome, Doctor Andreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pallaso. En 1920 montou, xunto cos seus curmáns René e Pau (Polo), o famoso número de Andreu-Rivels. Gozou dun amplo prestixio internacional e o número, no que empregaba unha cadeira e unha guitarra, acadou moita sona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor valenciano. Foi discípulo de Joaquín Sorolla e membro da Academia de San Fernando. Pintou escenas típicas da Comunitat Valenciana e de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aínda que de orixe non galega, desenvolveu en Galicia a maior parte da súa actividade profesional no eido da zootecnia dende a primeira década do s XX ata os anos corenta. Publicou a memoria La mejora de la ganadería (1920), presentada polo Servicio Agronómico Provincial de Pontevedra ao Comité de mellora pecuaria constituído pola Deputación de Pontevedra, coa que colaborou en programas de mellora gandeira. Realizou un traballo máis completo sobre a mellora xenética na obra Sobre la mejora del ganado bovino (1927). Centrou a súa atención en programas de mellora de gando porcino, pondo en práctica unha nova fórmula levada a cabo pola Misión Biolóxica de Galicia, coa que colaborou mentres estivo en Pontevedra e á que apoiou dende o Ministerio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora en lingua castelá de orixe galega. Publicou dúas obras: De una niña de provincias que se vino a vivir en un changall (1981) e Báculo de papel (1986). Recibiu o premio Adonais, polos seus poemas, e o premio Gabriel Miró, de contos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico catalán. Traballou cos indios de Paposo (Chile) e identificouse cos patriotas da xunta de Córdoba; os nacionalistas chilenos fixéronlle ocupar a sede de Santiago (1813). Fernando VII confinouno en Galicia e en Valladolid, onde morreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Atracción de circo de renome mundial. Foi creada en Barcelona no 1920 por Pere Andreu i Pausas e presentada polos seus fillos Josep, René e Pau (Polo).
-
PERSOEIRO
Novelista e crítico francés. Autor de novelas de ciencia-fición, publicou en 1977 o debate ecolóxico Le desert du monde (‘O deserto do mundo’).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz norteamericana de procedencia inglesa. Participou en diversos filmes, sobre todo musicais, entre os que cómpre destacar: Mary Poppins (1963) e Víctor e Victoria (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e naturalista norteamericano. Viaxou por Alasca e Asia, onde fixo importantes descubrimentos paleontolóxicos. Reuniu unha notable colección de fósiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico irlandés. Traballou na licuefacción dos gases e definiu os conceptos de temperatura e presión críticas; tamén traballou no eido da termoquímica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Foi Catedrático de Obstetricia, decano da Facultade de Medicina de Santiago e estudoso do saber filosófico. Publicou: Estudios de filosofía médica o Crítica de todas sus doctrinas y exposición de los dogmas hipocráticos considerados como elementos fundamentales de la ciencia y base firme de su certidumbre, reconstitución, progresos y perfeccionamiento (1861), verdadeira defensa de Hipócrates e do Hipocratismo en resposta ao discurso inaugural realizado por Pedro Mata na Academia de Medicina e Cirurxía de Castela a Nova en 1859; Instrución popular contra el cólera-morbo-asiático (1865), onde analiza esta enfermidade así como o seu posible tratamento e prevención; e Memoria presentada al Claustro de la Facultad de Medicina por su decano el Dr. D..., sobre las bases en que han de establecerse las relaciones de las salas de enseñanza con las generales del Hospital, declarado recientemente provincial (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Bari, en Apulia, Italia, ao NL de Bari (82.347 h [1991]). Centro dunha grande área agrícola con industrias alimentarias derivadas. A cidade, importante xa na Italia bizantina, foi fortificada cara ao ano 1045 polos condes de Trani. Os monumentos máis importantes son a catedral (s XII), o palacio ducal (s XVI) e o Castelo do Monte, construído por Federico II entre o 1240 e o 1250.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título concedido no Reino de Nápoles no ano 1507 a Gonzalo Fernández de Córdoba o Gran Capitán. No 1740 foille adxudicada a Grandeza de España ao undécimo duque, Ettore Carafa, morto en 1764.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Merina, en Madagascar. Soberano de Ambohimanga (1787), reforzou a súa autoridade, reorganizou a administrición, impulsou o funcionamento das asembleas de anciáns e reformou o sistema fiscal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ximnasta ruso. Conseguiu quince medallas olímpicas nas súas tres participacións: sete de ouro, cinco de prata e tres de bronce (Múnic 1972, Montreal 1976 e Mosvova 1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e poeta bosnio que escribía en lingua serbia. Antes da Primeira Guerra Mundial foi detido polos austríacos. Na súa estancia en prisión escribiu o libro de meditacións líricas Ex Ponto (1918). Durante a Segunda Guerra Mundial, retirado da política, escribiu a triloxía Na Drini cúprija (‘A ponte sobre o Drina’), Travnička kronika (‘A crónica de Travnik’) e Gospodjica (‘A señorita’), que fixeron del unha das figuras literarias máis respectadas do seu país. En 1961 foille outorgado o Premio Nobel de Literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor neerlandés. Representou o Realismo e evolucionou cara ao Expresionismo. Ao redor do ano 1945 fixo monumentos dedicados á resistencia dos Países Baixos ante a invasión alemá.
VER O DETALLE DO TERMO