"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Pedagogo francés. Defendeu a individualización no ensino e formulou as leis de continuidade, loxicidade, finalidade, liberdade e orixinalidade. É autor de L’individualisation de l’enseigment (A individualización no ensino, 1933) e Le scoutisme et individualité (O escotismo e a individualidade, 1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean Le Meingre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Dedicouse ao estudo das linguas indoeuropeas, ugrofinesas, altaicas, siberianas, caucásicas e americanas. Foi un dos primeiros especialistas do éuscaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Boadicea (? - 62) Raíña icenia. Casada con Prasutag, Rei dos icenios de Britania, dirixiu a revolta do seu pobo contra os romanos. Derrotada por estes, suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Recibiu influencias dos paisaxistas holandeses barrocos e de Johan Barthold Jongkind e Camille Corot. Desenvolveu con éxito unha temática paisaxística que serviu de preludio para o Impresionismo. Foi partidario da pintura ao aire libre. Entre as súas obras destacan Barcos cerca do muíño e Veleiros saíndo do porto. Foi mestre de Monet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposición que adopta unha capa de rochas competentes, comprimida entre rochas máis incompetentes, cando o conxunto, ao estar pregado, se somete a un estiramento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo. Estudiou en Edimburgo onde recolleu os materiais para o seu Essai géologique sur l’Écosse (Ensaio xeolóxico sobre Escocia, 1820). Foi un dos fundadores da Société géologique de France (1830). Entre os seus traballos cómpre destacar as descricións mineralóxicas de numerosas rochas magnéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do Congo (12.258 Km2; 177.357 h [estim 1992]). A súa capital é Madingou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago das Salomón Setentrionais que constitúe unha provincia de Papúa Nova Guinea (9.300 km2; 155.600 h [estim 1989]). De orixe volcánica está atravesada de N a S por unha aliñación montañosa que ten o seu cumio no Mount Balbi (3.123 m). Unha chaira litoral esténdese ao SO entre Torokina e Buin. Basea a súa economía na agricultura e no mineral do cobre. Recibiu o nome do explorador francés Louis Antoine de Bougainville, que a descubriu no ano 1768. No ano 1899 pasou a control alemán despois do tratado anglo-alemán, e en 1920 pasou a depender da administración de Australia. Durante a Segunda Guerra Mundial foi ocupada polos xaponeses. Ao remate do conflito volveu co resto da antiga Nova Guinea alemá á administración fiduciaria de Australia, que lle concedeu o autogoberno en 1973. Ao acceder a independencia Papúa Nova Guinea en 1975, Bougainville ficou incluída no novo estado. No ano 1989 principiou as súas actividades bélicas un movemento guerrilleiro independentista....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Bougainville. Navegante. Por encomenda real participou na expedición da volta ao mundo (1766-1769) a bordo da fragata La Boudeuse. Explorou Tahiti, o arquipélago de Samoa e descubriu as illas Salomón (a máis grande leva o seu nome), chegando tamén ás Molucas. Relatou a súa expedición no libro Voyage autour du monde (Viaxe arredor do mundo, 1771). Durante a guerra de independencia das Trece Colonias da Nova Inglaterra (embrión dos EE UU), comandou un escuadrón do exército francés aliado dos rebeldes. En 1796 foi designado membro do Institute de France.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos gabeadores da familia das nictaxináceas coñecidos comunmente como buganvíleas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Bejaïa Wilāya de Alxeria (3.280 km2; 700.952 h [1987]). A capital é   Bougie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Bejaïa Cidade da wilāya homónima, alxeria, na beira do Golfo de Bougie (118.233 h [1987]). A súa economía baséase na exportación de petróleo. Antiga cidade romana, chamada Saldae, foi conquistada polos árabes no s VIII e ocupada polos almohades no 1152. No 1240 foi incorporada ao estado hafsida de Túnes; da súa escisión xurdiu, en 1284-1285, o emirato ou sultanato de Bougie. No ano 1510 foi ocupada por Fernando II de Catalunya-Aragón; no 1555 foi conquistada por Alxeria e no 1833 polos franceses.   Tradicionalmente, esta cidade destacou pola exportación de cera. Hoxe en día, a súa economía baséase na exportación de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Ou de Bejäia Golfo semicircular de Alxeria, no Magreb, entre os cabos Carbón e Cabalo. A cidade de Bougie está na punta occdental do golfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propietarios do Cirque d’Hiver de París, coñecidos por ser animadores destacados do circo en Francia e no resto de Europa. Actuaban como domadores de feras e cabalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Burkina Faso (7.087 Km2; 242.986 h [1991]). A súa capital é Diébougou (6.764 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento do Loira Atlántico, na rexión do País do Loira, Francia (15.009 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diferencia que existe entre a gravidade de Bouguer e o valor teórico da gravidade que corresponde a aquel punto do xeoide. É a anomalía que permanece despois de ter considerado os efectos da topografía local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alor da gravidade no punto do xeoide situado na vertical do punto de observación, e que resulta de corrixir no valor medido neste, gp, a influencia da masa rochosa situada debaixo: gB = gp - 0,004815 ρ h cm/s2, onde ρ é a densidade media do terreo e h a altura sobre o nivel do mar en metros.

    VER O DETALLE DO TERMO