"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

      1. idealismo platónico/realista

        Doutrina de Platón que atribúe ás ideas, modelos perfectos e divinos, unha existencia en si mesma. Considera, ademais, que os obxectos do mundo sensible son meras copias das ideas.

      2. Tendencia ou principio fundamental da interpretación filosófica que asigna ás ideas, ao ideal e ao espírito, unha posición dominante no conxunto do ser e reduce a existencia ao pensamento. O seu punto de partida e reflexión é a consciencia e o eu, polo que comporta unha forte carga epistemolóxica que leva consigo unha formulación metafísica que transforma o enunciado “só se o ser é dado á consciencia é posible o coñecemento”, en “o ser é a determinación da consciencia”. O termo idealismo comezou a empregarse a finais do s XVII para designar tanto as doutrinas de R. Descartes e J. Locke, que lle daban un estatuto subxectivo ás ideas, como ás posicións de G. Berkeley, que reducían toda a realidade obxectiva a ideas, no sentido de contidos subxectivos da consciencia. I. Kant criticou esta actitude, á que lle deu o nome de idealismo subxectivo, e contrapúxoa á súa teoría epistemolóxica, o idealismo transcendental, doutrina que considera a realidade do mundo como a das nosas ideas, formadas...

      3. idealismo alemán

        Nome co que é coñecido o conxunto de pensadores que marcaron a pauta na filosofía alemá entre 1790 e 1850, e que teñen como precedente a I. Kant. Entre os seus compoñentes destacaron I. H. von Fichte, F. W. J. von Schelling e G. W. F. Hegel.

      1. Tendencia a idealizar a realidade.

      2. Tendencia a comportarse máis por ideais que por consideracións prácticas.

      3. Tendencia que afirma que a finalidade da arte é reflectir as esencias ou perfeccións arquetípicas. A arte ten que crear un mundo ideal e non repetir a realidade continxente. En consecuencia, o idealismo subliña o valor cognoscitivo da experiencia artística, e oponse á tendencia da imitación.

      4. Doutrina moral segundo a que o home ten que obrar por un ideal, que afirma a liberdade contra a necesidade moral e que comporta a aceptación duns principios morais, segundo unha escala de valores, en que o universal destaca sobre o particular. Oponse ao pragmatismo e ao oportunismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao idealismo.

      2. Partidario do idealismo.

    1. Que ou quen se deixa levar polos seus ideais ou que idealiza as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de idealizar

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen idealiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferir características ideais a algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formar unha idea na mente.

    2. Utilizar a mente para crear algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de ideas, teorías e doutrinas, máis ou menos pragmáticas, dun autor, escola, corrente ou entidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión de Palestina situada no S de Xudea, que se corresponde coa actual Negueb.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento criminal do dereito anglosaxón que permite xulgar a calquera funcionario público ou maxistrado por delitos contra o Estado. En EE UU o procedemento baséase nunha proposta cursada pola Cámara de Representantes ao Senado, institución que xulga a causa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de impermeable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de impermeabilizar unha tea para impedir o paso dun fluído a través seu. Pode efectuarse aplicando sobre o tecido unha disolución de caucho, gutapercha ou látex, ou ben con materiais sintéticos, vernices, aceites secantes ou derivados da celulosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou o que impermeabiliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer impermeable algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non permite o paso dun fluído a través súa.

    2. Prenda de vestir feita con material impermeable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • inalienable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non foi creado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Océano comprendido entre Asia, ao N, África, ao O, Indonesia e Australia, ao L, e o Océano Antártico, ao S. É o terceiro océano do mundo en extensión (74.900.000 km2) despois do Atlántico e do Pacífico. Comprende o mar de Arabia, o Mar Vermello, o Golfo Pérsico, o golfo de Bengala, o mar de Andaman e o mar de Timor. Inclúe no seu interior as illas de Madagascar, Seychelles, Comores, Mascareñas, Lakshadweep, Maldivas, Chagos e Kerguelen. As teorías da deriva continental e a tectónica de placas explican a orixe xeolóxica do Océano Índico. Según Mckenzie e Sclater, o subcontinente índico foi desprazado preto de 5.000 km en dirección SO-NL. Inicialmente, America do Sur, África, India, Antártida e Australia estaban unidas formando o continente de Gondwana. Non obstante , hai 180 millóns de anos, ao final do Triásico, América do Sur, África, India e Antártida (aínda unida a Australia) xa se separaran. Parcialmente coñecido polos gregos de Alexandre o Grande e percorrido ata...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non se pode domear.

    2. Que non se deixa domear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que xurdiu en 1991 nunha terceira etapa como continuadora do Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega e do Boletín de Información Teatral. Conta con novos colaboradores, como Roberto Salgueiro, Mª Xosé Queizán, Maite Rodal ou Euloxio R. Ruibal. Nesta etapa introduciu un caderniño central de textos dramáticos tanto de autores estranxeiros coma galegos, ademais dunha nova sección “Opinión desde a butaca”. Os seus últimos números eran monográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é imposible ou difícil de franquear.

    2. Que non se pode ou é moi difícil de superar.

    VER O DETALLE DO TERMO