"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Pintor e xilógrafo. Expuxo no Salon d’Automne de París e co grupo sintetista. Cultivou tamén a escultura e foi navegante de cabotaxe. Na casa de Émile Schuffenecker coñeceu a Paul Gauguin (1888), protexeuno economicamente e mercoulle obras. A súa correspondencia foi publicada en Lettres de Paul Gauguin à Daniel de Monfreid (1918). Fixo, segundo obras de Gauguin, os gravados da primeira edición de Noa-noa (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás monimiáceas.

    2. Planta da familia das monimiáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das laurais, integrada por unhas 400 especies propias das rexións tropicais, sobre todo do hemisferio sur. A esta familia pertence a especie Peumus boldus (o boldo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político inglés, duque de Albemarle. Uniuse aos parlamentarios e ao exército de Cromwell durante a guerra civil contra os escoceses (1650). Entrou co seu exército en Londres (1660), restableceu a monarquía e obtivo de Carlos II de Inglaterra a Declaración de Breda. Foi par do reino e tomou ao seu cargo o almirantado durante a Segunda Guerra Anglo-holandesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e director teatral. Adaptou ao castelán obras de Bertolt Brecht, como La buena mujer de Sezuan. Dirixiu os espectáculos Amics i coneguts ou Proceso a Kafka e publicou os libros Treinta años de teatro de la derecha (1971) e El teatro del 98 frente a la sociedad española (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi piloto náutico e comezou pintando mariñas. En Bruges, foi discípulo de Paulus Clays e formouse tamén como gravador. Volveu en 1868 e foi discípulo de Carlos de Haes e Rafael Montesinos. Destacan as súas escenas de tempestades e de naufraxios de raíces románticas. Foi restaurador do Museo Naval de Madrid e dedicouse á copia e reconstrución de maquetas navais e pinturas de barcos. Escribiu unha Historia gráfica de la navegación e Restauración hipotética de las carabelas de Cristóbal Colón (1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor austríaco. Adoptou un estilo de composición moderno e escribiu sinfonías e concertos, entre os que destaca o Concerto para violoncello e orquestra en sol menor. Tamén compuxo música sacra e de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta unha soa cuberta floral.

    2. Planta de flores monoclamídeas.

      1. Relativo ou pertencente ás monoclamídeas.

      2. Planta do grupo das monoclamídeas.

      3. Grupo de dicotiledóneas integrado por diversas ordes de plantas de flor aclamídea ou monoclamídea, xeralmente leñosas e anemófilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten un cotiledón.

      1. Relativo ou pertencente ás monocotiledóneas.

      2. Planta da clase das monocotiledóneas.

      3. Clase de anxiospermas caracterizada polo embrión, dun só cotiledón, a raíz fasciculada, o tallo, con feixes condutores pechados e dispersos, a ausencia de crecemento secundario, as follas case sempre sésiles e paralelinervias e as flores xeralmente trímeras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumento do número de leucocitos mononucleares, en valor absoluto e en relación cos outros tipos de leucocitos.

    2. Enfermidade infecciosa, provocada polo virus de Ebstein-Barr, que se manifesta con febre, adenopatías cérvico-occipitais, esplenomegalia, inflamación amígdalo-farínxea e leucocitose linfomonocitaria atípica. Ten un curso agudo e benigno. O diagnóstico clínico confírmase mediante a proba de Paul-Bunnell. OBS: Tamén se denomina febre ganglionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • nucleótido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Formouse en Venecia no círculo dos Bellini e estableceuse arredor de 1480 en Vicenza, onde fundou unha escola de pintura. Foi autor dunha Madonna in trono (1483), dunha Sacra conversazione e dunha Pietà (1500), así como de numerosos retablos de altar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político británico, conde de Halifax. Con William Pitt o Vello, participou no goberno e foi lugartenente de Irlanda, así como primeiro lord do Almirantado (1761).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Uruguay e do departamento homónimo, situada no esteiro de Río de La Plata, no punto onde se abre ao Atlántico, sobre a baía de Montevideo (1.303.182 [1996]). A onda inmigratoria da segunda metade do s XIX provocou o desenvolvemento da cidade (9.000 h [1830]; 300.000 h [1890]). A función urbana principal, á parte da político-administrativa, é a comercial, orientada sobre todo á exportación de produtos de base como la, coiro e carne, cara ás áreas consumidoras europeas. Ata un certo punto, a cidade queda sometida á influencia de Bos Aires, do outro lado do estuario. Fundada en 1726 por Bruno Mauricio de Zavala, foi atacada frecuentemente por indios, portugueses e brasileiros. Diversas medidas administrativas aprobadas durante a segunda metade do s XVIII impulsaron definitivamente o crecemento da cidade, que en 1810 e 1811 se converteu na capital de Uruguay. Ocupada diversas veces, sobre todo polos brasileiros (1816-1828), entre 1843 e 1851 foi asediada polas forzas do xeneral Manuel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Uruguay (530 km2; 1.344.839 [1996]). A súa capital é Montevideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista irlandés. Iniciouse no naturalismo francés e despois decantouse por unha prosa de estilo esteticista. Colaborou no rexurdimento literario irlandés e na creación do Abbey Theatre. Escribiu obras de teatro, como The Untitled Field (1903) e The Lake (1905), e novelas, como Brooke Kerith (1916) ou Heloise and Abelard (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Destacou polas súas análises das significacións na linguaxe e por ser o creador do movemento analítico. Autor de Philosophical Studies (1922) ou Some Main Problems of Philosophy (1953), tratou amplamente problemas éticos en obras como Principia Ethica (1903) e Ethics (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Traballou en teatro e protagonizou algunhas series televisivas, como Ivanhoe, The Saint e The Persuaders. De 1973 a 1985 relevou a Sean Connery no papel de James Bond, en filmes como Live and Let Die (1973), The Spy Who Loved Me (1977) e A View to Kill (1985). Tamén participou nos filmes The Miracle (1959), Sunday Lovers (1980) ou Boat Trip (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás moráceas.

    2. Planta da familia das moráceas.

    3. Familia de plantas leñosas, da orde dos urticais, integrada por unhas 1.000 especies, a maioría tropicais, lacticíferas, con follas simples alternas, flores pequenas agrupadas en espigas ou glomérulos en cumio, ou ben en receptáculos carnosos, e froitos indehiscentes ou en drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus grego do sono, fillo da Noite e do Sono, que se presenta en forma humana ás persoas durmidas. É alado e axita as súas ás sen facer ningún ruído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e erudito francés. Foi monxe beneditino de Maredsous (Bélxica) e especializouse en cuestións de historia monástica, patroloxía e liturxia. Destacan as súas edicións críticas dos sermóns de santo Agostiño e de san Cesáreo de Arles.

    VER O DETALLE DO TERMO