moráceo -a

moráceo -a

(< lat científico Morus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás moráceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das moráceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas leñosas, da orde dos urticais, integrada por unhas 1.000 especies, a maioría tropicais, lacticíferas, con follas simples alternas, flores pequenas agrupadas en espigas ou glomérulos en cumio, ou ben en receptáculos carnosos, e froitos indehiscentes ou en drupa.