Mora, Francisco de
Mora, Francisco de
Arquitecto. Discípulo de J. de Herrera, con quen colaborou ao comezo, pero de quen se diferenciou por unha maior liberdade construtiva. Por encargo do duque de Lerma, privado de Filipe III, iniciou a urbanización da cidade de Lerma en 1604. Encargouse, con motivo do traslado da corte a Valladolid en 1600, do acondicionamento da residencia dos reis, a modificación da fachada e a cuberta da nave da igrexa de San Pablo, e a construción dunha tribuna no seu interior. Tamén construíu a igrexa do convento de San José de Ávila (1618).
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso
Lugar : Madrid