"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
-
Goberno formado por sete persoas.
-
País dividido en sete reinos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos sete reinos anglosaxóns constituídos no S de Reino Unido entre os ss VI e IX: o Reino de Kent, habitado polos xutos; os reinos de Essex, Sussex e Wessex, polos saxóns; e os de Anglia do Leste, Mercia e Northumbria, polos anglos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario formado por trinta composicións da autoría de Álvaro Cunqueiro e editado por Galaxia no volume I da súa Obra galega completa. Constitúe unha achega decisiva para a renovación da poesía galega de finais de século. As composicións do libro carecen de unidade e aparecen organizadas en dúas partes: “As historias” e “Vellas sombras e novos cantos”. Dialogando con diversas tradicións literarias, cultivando a épica e desvendando os misterios da propia biografía, o autor acadou con esta obra o cume da súa carreira como poeta iniciada na década de 1930. Desde 1950 non dera ao prelo ningún libro de poemas, e esta obra foi ordenada ás presas por Francisco Fernández del Riego e Miguel González Garcés, que organizaron o material poético na categoría dos mitos e as lendas, dunha banda, e na dos textos máis melancólicos, intimistas e pesimistas, pola outra.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado á beira do encoro de García de Sola, sobre o río Guadiana (3.710 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e a gandería (ovina, porcina e caprina).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1931 e doutorouse en Madrid en 1934. De gran prestixio na especialidade de cardioloxía e medicina xeral, ingresou na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e Asturias en 1963. Publicou numerosos traballos e libros, como Radiodiagnostico de la tuberculosis pulmonar (1934), Pleuritis tuberculosa (1940), Contribución al estudo médico--legal de la silicosis (1946), El pronóstico de la tuberculosis pulmonar (1953) e Emoción, angustia e infarto de miocardio (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
erso que se divide en dúas partes desiguais por medio da cesura.
-
-
Relativo ou pertencente aos hexánquidos.
-
Quenlla da familia dos hexánquidos.
-
Familia de quenllas, da orde dos hexánquidos, que presentan seis e sete fendeduras branquiais. Comprende dous xéneros Heptranchias e Hexanchus. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Relativo ou pertencente aos hexanquiformes.
-
Peixe da orde dos hexanquiformes.
-
Orde de peixes da clase dos condritios, de corpo fusiforme, unha soa aleta dorsal e a boca en posición inferior. Algunhas especies son comúns do Mediterráneo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido cristalográfico constituído por 48 caras triangulares iguais, cada unha delas corta os tres eixes cristalográficos a distancias diferentes. É a forma holoédrica xeral do sistema regular. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
parénquima acuífero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paradifenol que se obtéb, sobre todo, por oxidación da anilina. Emprégase como revelador fotográfico e como antioxidante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cromática utilizada como reactivo nas técnicas fluorimétricas para determinar aluminio, berilo e outros ións metálicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falso tecido constituído por hifas entrelazadas dun xeito compacto.
-
-
Relativo ou pertencente aos hifoquitridiomicetos.
-
Fungo da clase dos hifoquitridiomicetos.
-
Clase de mastigomicotos semellantes aos quitridiomicetos, pero coas zoosporas provistas dun flaxelo anterior e con bárbula.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
basidiolique.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía (7.813 h [2001]). Cultívanse cereais, vide, froiteiras e algodón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hipertrofia da capa córnea da epiderme.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sorte de barba accesoria que, nalgúns paxaros, nace na base da raque.
-
-
Parte superior do fuste da columna, anterior ao capitel.
-
Moldura cóncava horizontal, na orde dórica, situada na parte superior do fuste onde rematan as acanaladuras.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Traballou con F. J. Bélanger e C. Percier, e foi arquitecto real ata 1848. En París fixo a igrexa de Saint-Vicent-de-Paul (1832), os circos de verán (1841) e inverno (1852) e o Hôtel du Louvre. Tamén comezou a urbanización das prazas da Concorde e da Étoile (1840). Na estación du Nord empregou o ferro como elemento estrutural.
VER O DETALLE DO TERMO