"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente á sociedade do Oratorio.

    2. Membro da sociedade do Oratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. A construción inicial datouse cara ao s X, pero reedificouse posteriormente sobre a antiga cimentación. Presenta tres naves de tres tramos, separados por piares que cargan arcos forneiros e cuberta de madeira a dobre vertente. O esquema orixinal foi o mesmo que se empregou na basílica de Santiago de Compostela e en templos do s X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilamarín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Orbán (Vilamarín). Ten planta irregular con patio exterior. Conserva a capela pegada ao edificio principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Colaborou con L. Le Vau (1660-1670) en Vincennes e Versailles, e no proxecto da columnata do Musée du Louvre (1656?) e no Collège des Quatre Nations. Posteriormente dirixiu as obras de ampliación do palacio de Versailles (1670-1680). Desde 1676 traballou ás ordes de J. Hardouin-Mansart. Realizou tamén o Arc de Triomphe de Peyrou en Montpellier, o Observatoire (1665-1670) e a antiga sala da Comédie Française (1688), ambos os dous en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Formado na escola toscana, imitou os occitanos e seguiu os temas da lírica siciliana. Del consérvanse 38 composicións de tema amoroso e popularizante, que se caracterizan polo ritmo lento e o respecto polas formas tradicionais. Está considerado como un dos predecesores do dolce stil novo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Doutor en Teoloxía, estudou hebreo, grego, arameo, sirio e árabe. Foi catedrático de Hebreo na Universitat de València (1788-1789) e, posteriormente, nos Estudios Reales de Madrid. Ideou a teoría fonética do triángulo vocálico ou orcheliano segundo a que a vibración do aire se efectúa na gorxa, no padal e nos beizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro agrónomo. Master of Science en Mellora Xenética Vexetal pola Universidade de Minnesota (1973) e doutor en Enxeñaría Agrónoma pola Universidad Politécnica de Madrid (1974), foi científico titular (1975-1988) e investigador (1988-2000) do CSIC, director da Misión Biológica de Galicia (1987-1989 e 1991-2002), e profesor de investigación e coordinador institucional do CSIC en Galicia desde 2000. Desenvolveu catro variedades de millo de uso comercial e fixo posible a creación dun banco de xermoplasma de millo e do xénero Brassica, de orixe galega, a única no mundo. Ten publicados máis de 104 traballos sobre a súa especialidade en revistas de todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • orde de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen segue ou fai seguir con todo rigor as ordenanzas e os reglamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dispón a recibir as ordes sagradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Norma obrigatoria que dita calquera autoridade non lexislativa para o ben público, normalmente as administracións locais no ámbito das súas competencias, aplicando unha lei ou un decreto que se chama poder regulamentario. Desde as leis municipais españolas do s XIX, os concellos estaban facultados para a formación e aprobación das súas ordenacións locais, e outras sobre determinados servizos. OBS: Adoita empregarse en plural.

      2. Conxunto de preceptos que regulamentan a vida e o funcionamento de determinados colectivos.

      3. ordenanza militar

        Ordenanza que regula o réxime ou a disciplina do exército. Nos reinos hispánicos, a ordenanza militar castelá máis antiga é de 1503; despois desta xurdiron outras, unhas locais, outras particulares ou especiais, ata que foron promulgadas por Carlos III (1768) e tiveron unha norma aclaratoria en 1769. No s XIX e a comezos do s XX intentáronse diversas reformas, pero só algúns regulamentos especiais chegaron a introducir modificacións.

      4. ordenanzas de Bilbao

        Conxunto de ordenanzas de comercio propias de Bilbao, vixentes do s XV ao XIX. En 1459, a cidade dispoñía dunhas ordenanzas primitivas para o comercio marítimo, aseguranzas e navegación. Creado o consulado para a Casa de Contratación, Carlos I formou unhas novas ordenanzas en 1511. Reformadas en 1731, o comercio de Bilbao demandou unhas novas, aprobadas en 1737, que subsistiron ata o código de comercio de 1828.

    1. Soldado que está baixo as ordes dun oficial para asuntos de servizo.

    2. Persoa que está empregada como subalterna nunha oficina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro libro impreso na Coruña, que editou Antonio Frayz en 1679. Trátase dunha publicación de 320 páxinas de texto, oito delas sen numerar. A portada está orlada e, entre o título e o pé de imprenta, aparece un escudo español da época xunto co copón e a sagrada forma propias da heráldica do antigo Reino de Galicia. Divídese en tres partes, relativas a ordenanzas, cédulas e disposicións, e visitas. Aínda que o libro foi rematado en 1668, non se mandou imprimir ata o 12 de decembro de 1678.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira recompilación do dereito castelán, realizada por Alonso Díaz de Montalvo, por orde dos Reis Católicos en 1484. Coñecida tamén como Ordenamiento Real ou Ordenamiento de Montalvo, componse de oito libros divididos en títulos e leis. Compila as leis e ordenamentos de Cortes, dados a partir do Ordenamiento de Alcalá, as pragmáticas e ordenanzas reales e algunhas disposicións vixentes do Fuero Real. Contiña diversos erros e omisións e non resolveu o atomismo da lexislación castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección dos cincuenta ordines litúrxicos romanos e romano-franceses máis antigos dos que se identificaron ata o de agora, que editou criticamente Michel Andrieu (1886-1956). O máis antigo parece ser o ORVI, datado en 650-700, que contén as cerimonias de bautismo, e o máis moderno a ORL, datado a mediados do s X, que explica todas as cerimonias do ano litúrxico. Moitos deles compiláronse no Pontifical Romano-Xermánico, do que dependen todos os pontificais e rituais romanos posteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista, fillo de Ecequiel Ordóñez González. Pertenceu ao Partido Conservador, foi ministro de Graza e Xustiza (1921-1922) e de Mariña (1922). Foi deputado polo distrito de Tui durante dez lexislaturas (1903-1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Astorga (1061-1065). Foi monxe nun mosteiro de Sahagún. Fernando I confioulle a misión de traer de Sevilla a León as reliquias de santo Isidoro. Está soterrado na igrexa de Santa Marta de Astorga. A súa festividade celébrase o 23 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. orelludo.

    2. peixe lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, delimitado ao S polo Guadiana, onde se forma o pantano homónimo (3.093 h [2001]). A economía baséase na agricultura, na gandaría e no aproveitamento de materiais para a construción. Destaca un palacio do s XIV, restaurado posteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Marchou para América en 1528 e en 1541 uniuse á expedición de Francisco Pizarro no Amazonas e este mandouno a colonizar Ecuador, onde fundou Guayaquil. Á volta de Pizarro a Quito, percorreu o curso do Amazonas e as costas de Venezuela. En 1545, intentou unha nova expedición a Nueva Andalucía, pero morreu no intento.

    VER O DETALLE DO TERMO